Rutas a lo desconocido
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 7- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como obxectivo principal que o alumnado integre nos seus coñecementos parte dos contidos do currículo relacionados cos números enteiros e co sentido socioafectivo, mediante a posta en valor do patrimonio galego oculto próximo á súa contorna.
No reto proposto, o alumnado terá que deseñar un folleto da ruta creada para o elemento de patrimonio oculto seleccionado, sendo precisa a utilización dos números enteiros como chave para a representación correcta dos datos.