Ampliando a mirada: dando luz ao invisible
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 elaborado no proxecto cREAgal para a área de Educación Plástica e Visual de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como eixo condutor a Georgia O'Keeffe. No recurso emprégase a fotografía coma ferramenta para o coñecemento e para dar visibilidade á artista.
O reto consiste na realización dunha exposición de fotografía coa que se divulgará a vida e obra da artista, e servirá de inspiración para a creación por parte do alumnado das súas propias obras de arte a través da técnica de fotografía knolling.