Cinema con conciencia
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 elaborado no proxecto cREAgal para a área de Educación Plástica e Visual de 6º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe desenvolvida propón unha experiencia de aprendizaxe interdisciplinar que fusiona debuxo, cinema e música, para crear curtametraxes de animación. O REA céntrase en visibilizar e valorar o papel das mulleres na historia da arte, especialmente na música e o cinema.
O alumnado explorará como as cores transmiten emocións, o ritmo da música dá movemento ás imaxes, e cada detalle conta unha historia. Investigarán técnicas de animación, desde o uso de diversos materiais ata a elaboración dunha curtametraxe.