Unha viaxe inesperada
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 4- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 6º de Educación Primaria.
Esta situación de aprendizaxe aborda contidos relacionados con bailes, danzas e xogos tradicionais de Galicia, España e do mundo.
A proposta de reto é que o alumnado traballe a través da multiculturalidade das aulas como un punto de conexión cos contidos e proponse como reto final organizar unha xornada multicultural onde se expoña información, curiosidades, xogos e danzas das diferentes nacionalidades que existen no centro educativo.
Como reto final, proponse organizar unha xornada multicultural na escola onde se amosen os principais bailes e xogos dos países que conviven no centro educativo.ro educativo.