A nosa "Cooperation League"
"Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 4- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Física de 6º de Educación Primaria.
Esta situación de aprendizaxe ten por obxectivo que o alumnado aprenda contidos relacionados cos deportes (atletismo, floorball e balonmán) baixo un enfoque baseado no modelo de educación deportiva de Daryl Siedentop.
Proponse un reto final no que, a partir dunha noticia ficticia na que se anuncia a prohibición dos deportes no colexio debido aos conflitos que xeran, o alumnado creará, como produto final, unha nova noticia (en formato sonoro, audiovisual ou escrito) na que demostre que outro xeito de competir é posible."