Saltar navegación

Relación coas competencias

A competencia fundamental que se potenciará será a competencia aprender a aprender. Desenvolvendo actividades de seleccionar, contrastar e interpretar información estamos aplicando procesos cognitivos (capacidades) de avaliación porque o alumnado terá que xulgar.

Desenvolvendo actividades de transferir a información da linguaxe escrita ao debuxo estamos aplicando procesos cognitivos de aplicación porque o alumnado terá que utilizar o aprendido en situacións novas.

Desenvolvendo actividades de organizar a información, recoñecer, nomear e reproducir estamos aplicando procesos cognitivos de coñecemento porque o alumnado terá que recordar feitos.

Abórdase incidindo na potenciación da comprensión e da expresión lingüística, da motivación, da observación, no rexistro das aprendizaxes, posibilitando a planificación e organización das tarefas que se van realizar,…

Outras competencias, tamén fortemente representadas son a lingüística porque planificamos tempos e actividades de expresión de pensamentos, vivencias, coñecementos,…tempos para escoitar a opinión das demais persoas e contrastar ideas e opinións e, tamén de xeito planificado, lectura e escritura de textos expositivos e informativos (atendendo ás diferentes etapas no proceso de adquisición da lingua escrita).

A competencia matemática porque dun xeito contextualizado e significativo desenvólvense actividades nas que é preciso manexar instrumentos de medida, notacións numéricas, realizar estimacións, et.

A competencia dixital porque é complementaria a aprender a aprender: utilizar internet para buscar, seleccionar, contrastar,…e convertir en textos de uso social.

As descritas repercuten directamente na competencia en autonomía e iniciativa persoal porque o alumnado terá que realizar eleccións, tomar decisión, emprender accións,…