Saltar navegación

Proxecto "Tiburóns"
  • Proxecto "TIBURÓNS"
  • Elección do tema
  • Que sabemos?
  • Que queremos saber?
  • Busca de fontes de información
  • Organización do traballo
  • Organización e realización das actividades
  • Dosieres finais e uso social
  • Guía didáctica
    • Obxectivos
    • Contidos
    • Actividades
    • Criterios de avaliación
    • Indicadores de avaliación derivados dos criterios
    • Metodoloxía
    • Relación coas competencias
    • Educación en valores
    • Propiedades mais relevantes do texto expositivo
    • Bibliografía
« Anterior | Seguinte »

Organización do traballo

Organización da información

Negociamos co alumnado o procedemento para realizar a lectura da información aportada (gran grupo e pequeno grupo) e a elaboración dos textos expositivos. Algúns dos libros foron dixitalizados para poder realizar lecturas en gran grupo e guiar ao alumnado na reflexión acerca dalgunhas propiedades relevantes destes textos:

  • A función transmitindo información veraz
  • Mellor calidade cando as imaxes son fotografías
  • Ausencia de imaxes en moitos deles
  • Información contrastada en distintas fontes
  • Presencia de gráficos e mapas
  • Uso da tipografía para destacar datos
  • Léxico específico propio do tema de estudo

Na guía didáctica aparecen recollidas as características destes textos.

A outra fonte relevante de información foi a visualización de vídeos en Youtube, previa selección das persoas docentes.

Saltos del marrajo

Embrión de tiburón

TIBURONES BLANCOS.- National Geographic.-

Semana del Tiburón - Gran Tiburón Martillo

TIENE SIETE SENTIDOS, TIBURÓN MARTILLO

La curiosa reproducción del Tiburón Pintarroja

Tiburón Pintarroja, modo de defensa

Pintarroja en Cabo Villano

salvando pintarroja

Nacimiento de un tiburon Alitan.

TIBURÓN ZORRO MATA A COLETAZOS

Tiburón Zorro

Malapascua - TIBURON ZORRO

Thresher shark. Tiburón zorro en Malapascua


Tiburón Mako, Rápido Inteligente y Mortal

Nadando entre monstruos: el gran tiburón blanco

TIENE SIETE SENTIDOS, TIBURÓN MARTILLO

TOP 10 TIBURONES MÁS EXTRAÑOS DEL MUNDO

Outra das fontes relevantes serían diferentes páxinas web que o docente previamente selecciona. A continuación indicamos algunhas:

  1. Tiburón Mako - Tiburones Información y Características [Internet]. [citado 12 de julio de 2017]. Disponible en: http://www.tiburonalia.com/tiburon-mako/
  2. Tiburón blanco - Información y Características - Biología [Internet]. [citado 12 de julio de 2017]. Disponible en: http://www.bioenciclopedia.com/tiburon-blanco/
  3. Reproducción de los Tiburones - Tiburones Información y Características [Internet]. [citado 12 de julio de 2017]. Disponible en: http://www.tiburonalia.com/reproduccion-de-los-tiburones/
  4. Tiburones [Internet]. Pinterest. [citado 12 de julio de 2017]. Disponible en: https://www.pinterest.com/pin/384354149432279230/
  5. La Pintarroja [Internet]. [citado 12 de julio de 2017]. Disponible en: http://www.clubdelamar.org/pintarroja.ht

Organizando o Proxecto Tiburóns

Chegado a este punto resulta necesario, en base ao traballo feito de activación de ideas previas e identificación dos intereses, identificar curricularmente os elementos que, dende o Proxecto Tiburóns, podemos traballar. Ao mesmo tempo, formularemos cal vai ser o modelo de organización para desenvolver o proxecto.

Fixamos os obxectivos. ->

Este apartado refírese á seleción e redación, por parte da persoa docente unha vez encauzados os intereses do alumnado e realizada a búsqueda de información, dos obxectivos didácticos que se pretenden acadar co desenvolvemento deste proxecto. Estes obxectivos derivan dos xerais de área recollidos no Decreto 330/2009 polo que se establece o currículo para a comunidade autónoma de Galicia. É importante destacar tamén os contidos inherentes á metodoloxía do traballo por proxectos. 

Consultar no apartado específico da guía didáctica.

Contidos ->

Estes contidos son os correspondentes aos obxectivos formulados no apartado anterior.

Consultar no apartado específico da guía didáctica

Primeira distribución do tempo.

A temporalización prevista para o seu desenvolvemento foi de dous meses aproximadamente, no primeiro trimestre do curso escolar 2016-17.

Establecer pautas de colaboración coas familias e o entorno.

Os canles de comunicación coas familias foron a través de notas informativas, de reunións grupais para presentar o dosier final do proxecto e nas entradas e saídas do centro escolar.

Organizar o espazo e os recursos.

Dispuxemos do espazo da aula no que se foron organizando tanto os materias aportados pola familia e a comunidade escolar como as producións realizadas polo alumnado. Abriuse o recuncho do proxecto.

Organización da información

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0

« Anterior | Seguinte »

"Proxecto Tiburóns" de Mª Teresa Neira González e Pablo Nimo Liboreiro para a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Xunta de Galicia) foi elaborado no marco dunha Licenza de Formación no curso 2016-17.