Proxecto "Tiburóns"
Obxectivos
- Ensinarlle ao alumnado a buscar, seleccionar e organizar información sobre un tema concreto.
- Motivar ao alumnado a plantexarse interrogantes acerca do mundo que lle rodea.
- Escribir un breve texto expositivo sobre os tiburóns.
- Estudar as características máis salientables de cinco clases de tiburón: marraxo (marrajo), melgacho (pintarroja), martelo (martillo), raposo (zorro) e branco (blanco).
- Iniciarse nos pasos para realizar unha búsqueda de información en Internet.
- Diferenciar a función dos textos expositivos da función dos textos literarios, así como apropiarse doutras propiedades relevantes dos textos expositivos.
- Recoñecer o proceso de observación como paso previo ao proceso de creación.
- Comparar a morfoloxía do tiburón coa humana.
- Diferenciar animais domésticos de salvaxes.
- Evolucionar no proceso de adquisición do sistema de escritura.
- Transformar a información da linguaxe escrita e oral á linguaxe plástica.
- Editar un dossier informativo sobre os tiburóns para darlle uso social.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0