Proxecto "Tiburóns"
Criterios de avaliación
- Resolver con iniciativa e autonomía as actividades da vida cotiá, colaborar en tarefas e aceptar as normas.
- Empregar e comparar magnitudes de lonxitude coa finalidade de resolver problemas relacionados con situacións cotiás.
- Dar mostras de interesarse polo medio natural e os seus cambios. Identificar e nomear algúns dos seus compoñentes. Manifestar actitudes de coidado e respecto cara á natureza e participar en actividades para conservala.
- Producir diferentes textos individualmente ou en grupo -con escritura convencional ou non-, iniciándose no uso do teclado para a codificación, con propósitos e intencións diferentes: recoller e transmitir información,...
- Interesarse e participar nas situacións significativas de lectura e escritura que se producen na aula desenvolvidas por persoas lectoras e escritoras competentes.
- Utilizar a biblioteca con respecto e coidado, valorándoa como recurso informativo, de entretemento e goce.
- Mostrar interese por explorar as súas posibilidades de expresión e representación, por gozar coas súas producións e por compartir as experiencias creativas, estéticas e comunicativas.
- Expresarse e comunicarse utilizando medios, materiais e técnicas propios das diferentes linguaxes artísticas e audiovisuais.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0