Proxecto "Tiburóns"
Que queremos saber?
Continuando no panel guía do proxecto recollemos as inquietudes e intereses acerca do tema de estudio (os tiburóns). Debido á idade do alumnado o peso dos interrogantes da persoa docente será fundamental, como orientadora e como modelo, aínda que se percibe unha clara evolución respecto aos proxectos realizados nos cursos anteriores.
Estas preguntas serán o inicio da busca de información e as que decantarán o proxecto cara uns aspectos ou outros.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0