Proxecto "Tiburóns"
Indicadores de avaliación derivados dos criterios
- Diferenza a función dos textos literarios dos expositivos.
- É capaz de nomear dúas fontes diferentes de información.
- Propón interrogantes acerca dos tiburóns.
- Amosa preferencias na elección de imaxes.
- Nomea as características máis relevantes na morfoloxía dos tiburóns.
- Valora a fotografía como portadora de información fronte a un debuxo.
- Iniciase no uso de instrumentos de medida convencionais (metro).
- Iníciase no uso de instrumentos de medida non convencionais (corpo).
- Transfire información da linguaxe oral á plástica.
- Organízase en pequeno grupo para desenvolver actividades.
- Interactúa en pequeno grupo no proceso de escritura dun texto expositivo.
- Interactúa en pequeno grupo na transformación de información en debuxo.
- Escoita con atención cando se len textos expositivos sobre os tiburóns.
- Transmite información da escola á casa e da casa á escola.
- Realiza debuxos de tiburóns reflexando a información lida.
- Diferencia palabras atendendo a propiedades cualitativas.
- Diferencia palabras atendendo a propiedades cuantitativas.
- Pode nomear dúas características dos tiburóns.
- Organízase en parella cunha actitude activa.
- Amosa interese por visualizar os dosieres elaborados.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0