Saltar navegación

Organización e realización das actividades

As fundamentais nesta fase foron de busca e lectura dos textos, organización e selección. Reflexionamos acerca de que información responde aos interrogantes que nos formulamos e que guían o proxecto, cales quedaron sen respostar e recollemos aqueloutra que tamén resultou significativa.

Aprendemos sobre características xerais a todos os tiburóns pero centramos o noso estudo en 5 clases: marraxo (marrajo), melgacho (pintarroja), martelo (martillo), raposo (zorro) e branco (blanco).

Posteriormente as actividades foron encamiñadas á escritura dun breve texto expositivo por parte do alumnado, recollendo os aspectos máis destacables e interesantes nun proceso de reelaboración da información recibida a través das distintas fontes manexadas.

Desenvolvemos un importante proceso de observación que se veu reflectido nas súas producións plásticas. O debuxo foi outro recurso para que o alumnado poida expresar os seus coñecementos.

As actividades de medida empregando instrumentos convencionais (metro e cinta métrica) e non convencionais (os seus corpos) resultaron moi significativas para poder visualizar as dimensións dos tiburóns estudados.

En canto ao sistema de escritura as actividades versaron fundamentalmente en traballar con letras móbiles  palabras do léxico específico deste proxecto e con tarxetas que recollían estas palabras significativas (partes da morfoloxía do tiburón, especies de tiburón,et.).

Na guía didáctica tamén figura a relación de actividades, as galerías de imaxes recollen algunhas das actividades desenvolvidas na aula. Para respectar a orde na que foron realizadas repítense as que se corresponden coas fases do proxecto.

ACTIVIDADE: Recollida de ideas previas

 Para poder realizar aprendizaxes significativas é fundamental coñecer as ideas previas do alumnado acerca do tema de estudio. Son dous os procesos que permiten coñecelas: a través dun debuxo ou a través dunha conversa ao mesmo tempo que se abre o panel que recollerá a guía do proxecto. Que sabemos?, introdúcese deste xeito un texto enumerativo.

Para algúns nenos e nenas é máis doado representar os seus coñecementos a través da linguaxe plástica que da linguaxe oral e viceversa por iso empregamos as dúas estratexias de recollida. Estas ideas previas son as que nos aportarán a información sobre o punto de partida do proxecto.

ACTIVIDADE: Solicitude de colaboración ás familias

Elaboraremos unha nota solicitando a colaboración das familias aportando material bibliográfico. A redacción desta nota en gran grupo permítenos introducir un texto informativo e reflexionar acerca dalgunhas das súas propiedades: Relación co real, relación imaxe-texto, función, léxico. Esta nota redáctase en gran grupo e é a persoa docente a encargada de escribila en presenza do alumnado (taboleiro, PDI,..) guiándoo a través das súas preguntas na reflexión sobre as propiedades deste texto.

É interesante tamén delegar nas nenas e nenos a solicitude de colaboración nun exercicio de responsabilidade e autonomía, que sexan quen de levar unha mensaxe da escola á casa e viceversa.

ACTIVIDADE: Panel do proxecto

Este panel recolle as ideas previas (Que sabemos?), hacia onde imos orientar a nosa búsqueda de información (Que queremos saber?) e as posibles fontes de información que podemos empregar (Onde buscamos información).

Cada apartado realízase en sesións diferentes. É necesario un lapsus temporal entre a recollida de ideas previas e os interrogantes acerca do tema de estudo para que non se confundan. Debe estar presente ao longo do desenvolvemento do proxecto nun lugar visible e accesible da aula.

A súa imaxe aparece no apartado Que queremos saber?

ACTIVIDADE: Lecturas de textos

Negociaremos co alumnado o procedemento para realizar as lecturas da información aportada (gran grupo e pequeno grupo) e a elaboración dos textos expositivos. A información documental procede das familias, da biblioteca do centro escolar e da biblioteca pública Ánxel Casal. Algúns dos libros serán dixitalizados para poder realizar lecturas en gran grupo e guiar ao alumnado na reflexión acerca dalgunhas propiedades destes textos: a función como transmisores de información veraz, mellor calidade cando as imaxes son fotografías, ausencia de imaxes en moitos deles, información contrastada en distintas fontes, presenza de gráficos e mapas…


Alumnado visualizando libremente os materiais documentais

lectura
Mª Teresa Neira. Nenos lendo (CC BY-SA)

Ao longo do desenvolvemento do proxecto houbo momentos de lectura en gran grupo, de lectura en pequeno grupo e de visualización libre das fontes bibliográficas ubicadas no recuncho dos tiburóns.

Alumnado visualizando libremente os libros

nenos visualizando
Mª Teresa Neira. Alumnado visualizando libremente

Alumnado visualizando os libros libremente

ACTIVIDADE: Morfoloxía dos tiburóns

Comparando e colocando tarxetas

Colocando tarxetas

Empregamos unha imaxe do tiburón "Marrajo" para estudar a morfoloxía dos tiburóns en xeral (na maioría dos libros que visualizamos emprégase como modelo).

Propiedades cualitativas e cuantitativas das palabras

Colocando tarxetas

Realizamos, por parellas, unha actividade de lectura na que as nenas e nenos comparaban tarxetas das partes dun tiburón. Tiñan que fixarse nas súas propiedades cualitativas (por que letra empeza, por cal remata) e nas cuantitativas (cantas ten, é longa, é curta).

Modelo

Colocando tarxetas

No taboleiro tiñan un modelo co que poder comparar as súas interpretacións.

Traballo en parella

Colocando tarxetas

Cada parella tiña unha única imaxe na que colocar todas as tarxetas correspondentes. Esta modalidade de agrupamento favorece a interacción entre iguais.

Visión da organización

Colocando tarxetas

Autonomía

Colocando tarxetas

O recurso empregado para pegar as tarxetas foi cinta adhesiva.

ACTIVIDADE: Escritura libre, atendendo ás distintas hipóteses, desas palabras

Escritura de hipotesesEscritura alfabética sen normas ortográficas

Escritura de hipotesesEscritura silábico-alfabética

Escritura de hipotesesEscritura silábico-alfabética

Escritura de hipotesesEscritura silábico cualitativa

ACTIVIDADE: Panel informativo de cada tiburón

Acordamos estudiar con máis profundidade 5 clases de tiburóns: Marraxo (marrajo), melgacho (pintarroja), martelo (martillo), raposo (zorro) e branco (blanco).

Para cada un destes tiburóns elaboramos un panel que recollía información acerca dalgunha característica peculiar da morfoloxía, o seu tamaño, a súa alimentación, a súa perigosidade, a súa reprodución e o seu hábitat.

Panel informativo tiburón "Martillo" e "Zorro"

Panel informativo
Mª Teresa Neira. Panel informativo (CC BY-SA)

Visión do recuncho do proxecto

Panel informativo
Mª Teresa Neira. Panel informativo (CC BY-SA)

Estes paneis iban complementando o recuncho do proxecto.

ACTIVIDADE: Unidades de medida convencionais e non convencionais

 Un dos datos importantes acerca de cada tiburón é o seu tamaño. Para poder interpretar as medidas reais de cada especie empregamos medidas convencionais (metros con diferente soporte e cinta métrica) e medidas non convencionais (o seu propio corpo).

Representamos no espazo da aula as medidas reais coas dúas unidades de medida. Introducimos o cálculo por estimación: canto serán 4 metros? canto serán 2 metros? et.

Unidades de medida convencionais e non convencionais

Unidades de medida convencionais de non convencionais
Mª Teresa Neira. Unidades de medida convencionais e non convencionais (CC BY-SA)

Unidades de medida convencionais e non convencionais

Unidades de medida convencionais de non convencionais
Mª Teresa Neira. Unidades de medida convencionais e non convencionais (CC BY-SA)

Unidades de medida convencionais e non convencionais

Unidades de medida convencionais de non convencionais
Mª Teresa Neira. Unidades de medida convencionais e non convencionais (CC BY-SA)

Unidades de medida convencionais e non convencionais

Unidades de medida convencionais de non convencionais
Mª Teresa Neira. Unidades de medida convencionais e non convencionais (CC BY-SA)

Unidades de medida convencionais e non convencionais

Unidades de medida convencionais de non convencionais
Mª Teresa Neira. Unidades de medida convencionais de non convencionais (CC BY-SA)


Para representar a medida do Megalodón precisamos sair ao corredor, xa que medía máis de 20 nenos.

Morfoloxía de cada tiburón

De xeito individual, cada nena e neno, realizou un debuxo reflexando as características e peculiaridades morfolóxicas dos cinco tiburóns estudiados en profundidade: o ollo prominente no marraxo, a cabeza peculiar no martelo, a aleta caudal do raposo, o tamaño do melgacho, a boca do branco,...

Estes debuxos formaron parte dos dosieres individuais do alumnado.

ACTIVIDADE: Coloreado atendendo ás súas características

Cada nena e neno coloreou as producións da actividade anterior atendento ás fotografías visionadas na aula de cada tiburón para que se asemellasen o máis posible á realidade. Estes debuxos pasarían a formar parte do dosier informativo de cada tiburón.

Imaxe tiburón coloreado Imaxe tiburón coloreado Imaxe tiburón coloreado Imaxe tiburón coloreado Imaxe tiburón coloreado

ACTIVIDADE: Debuxos das características de cada tiburón recollidas no panel

Acordamos editar un libro para cada tiburón dos seleccionados para seu estudo. Este sería un texto expositivo, con información veraz, síntese dos nosos coñecementos sobre ese animal froito da información lida e os vídeos visualizados. As imaxes que acompañarían ese texto foron unha combinación de debuxos realizados polo alumnado e fotografías  sendo coñecedores de que canto máis real a imaxe máis información aporta. Para cada clase de tiburón os grupos mantivéronse pero foron rotando as características que tiñan que representar.

Organizados en pequeno grupo cada un era o encargado de transferir á linguaxe plástica unha información concreta, referida aos ámbitos que abordamos de cada tiburón e que recollemos nun mapa conceptual.

Resulta fundamental destacar que o alumnado non tiña un modelo polo que copiar, as producións son froito do seu coñecemento e da súa capacidade de representación.

Organización en pequeno grupo

Debuxos caracteristicas tiburónEste grupo era o encargado de representar que o tiburón marraxo é capaz de saltar fóra da auga.

O marraxo salta fóra da auga

Debuxos caracteristicas tiburón

Estas producións non se colorearon para que non perdera expresividade o debuxo.

Perigosidade

Debuxos caracteristicas tiburón

Interación e intercambio de información

Debuxos caracteristicas tiburón

Debuxos con moito realismo

Debuxos caracteristicas tiburón

Debuxos

Debuxos caracteristicas tiburón

Debuxos

Debuxos caracteristicas tiburón

A alimentación

Debuxos caracteristicas tiburón

A medida

Debuxos caracteristicas tiburón

Este tiburón medía dous nenos e medio



ACTIVIDADE: Colocar tarxetas referidas ás distintas clases de tiburón en cada imaxe.

Clases de tiburóns

Esta é unha actividade de lectura na que novamente o alumnado, reflexionando sobre propiedades cualitativas (por cal empeza?, por cal termina?) e cuantitativas das palabras (cantas ten?, é longa?, é curta?) intentaba asinar a cada tiburón a tarxeta correspondente.

ACTIVIDADE: Escritura libre, atendendo ás distintas hipóteses, desas palabras.

 Si a actividade anterior era de lectura, esta é de escritura. Empregando a mesma imaxe na que colocaron as tarxetas correspondentes agora escribiron, atendendo ás diferentes etapas no proceso de adquisición da lingua escrita, o nome de cada tiburón.

A escritura libre non responde a un proceso de copia. Este alumnado, de 6º curso de educación infantil, xa escribe con hipóteses moi evolucionadas pero ao ser propostas abertas permiten ser abordadas desde diferente nivel de dificultade e diferente nivel de competencia lectora e escritora.

Alfabética sen normas ortográficas

Escritura libre

Evolucionando de silábico-alfabética a alfabética

Escritura libre

Alfabética sen normas ortográficas

Escritura libre

Alfabética

Escritura libre

ACTIVIDADE: Análise das cualidades dos tiburóns de xoguete traídos á aula.

 Un xoguete non se pode considerar unha fonte fiable de información pero ante o interese que despertou o tema de estudo entre o alumnado e a cantidade de tiburóns que trouxeron decidimos aproveitar este material para reflexionar sobre a súa morfoloxía. Había exemplares moi fieles ás características reais pero outros carecían das aletas anal e pelviana fundamentalmente.

Morfoloxía tiburón

Morfoloxía tiburón

ACTIVIDADE: Composición con letras móbiles

Para axudar ao alumnado a evolucionar de hipótese as letras móbiles son o recurso fundamental. Permiten abordar a mesma tarefa desde difente nivel de dificultade: con tarxeta modelo, sen modelo, con máis letras das que preciso, formando palabras novas con esas letras,...

O requisito imprescindible é que esas palabras sexan significativas para o alumnado. Esta proposta desenvolveuse co nome dos cinco tiburóns estudiados: marrajo, pintarroja, zorro, martillo e blanco. É unha proposta para traballar sistema de escritura enmarcada no traballo dun texto expositivo.

ACTIVIDADE: Escritura colectiva dun texto acerca das características xerais que comparten todos os tiburóns.

 Paralelamente aos dosieres sobre cada tiburón estudiado recollemos información xeral referida a todos eles en xeral. Este texto expositivo é unha síntese dos coñecementos do alumnado sobre estes animais e escribeuse para formar parte do libro de información xeral sobre tiburóns que tamén pasou á biblioteca de aula.

Escritura colectiva

Escritura colectiva

Mapa conceptual

O mapa conceptual do proxecto foi unha das últimas actividades. Dada a idade do alumnado resultáballe moi difícil a categorización dos contidos que íbamos incorporando, telo realizado despois de rematar o estudo e da preparación do dosier de cada tiburón axudoulles a ver a relación que había entre as categorías que reflexamos en todos eles. Non hai un único deseño, o resultado que elaboramos nós foi este:

Mapa conceptual
Mapa conceptual (CC BY-SA)

ACTIVIDADE: Debuxos libres froito da observación de imaxes reais.

 Estes debuxos foron realizados libremente polo alumnado. Reflicten os seus coñecementos sobre a morfoloxía e características dos tiburóns e amosan cal dos estudados provocou máis impacto ou empatía en cada neno e nena. A realización de proxectos desenvolve dun xeito lóxico e natural a capacidade de observación do alumnado ao traballar con imaxes reais e fotografías e textos de calidade.

Debuxo libre con témpera sólida

Debuxos libres

Debuxo libre con témpera sólida

Debuxos libres

Debuxo libre con acuarela

Debuxos libres

Debuxo libre con acuarela

Debuxos libres

Debuxo libre con acuarela

Debuxos libres

Que aprendimos?

A última actividade desta fase foi unha reflexión sobre o que aprendimos ao longo do desenvolvemento do proxecto. Retomamos as preguntas que nos plantexamos no inicio, revisamos cales engadimos (a medida que ampliábamos coñecementos xurdían novas cuestións) e comprobamos para cales tiñamos resposta e cales quedaron sin ela, por exemplo averiguar si as femias poden morrer no parto.

Non pretendemos tampouco ser capaces de respostar a todo, o saber é inabarcable e resulta moi interesante deixar a inquedanza de saber algo máis.