Metodoloxía
Construtivista e fomentando a aprendizaxe significativa e funcional do alumnado.
Tense en conta o que saben as nenas e nenos e o que queren saber. É un deseño aberto que pode variar no seu desenvolvemento. Os tempos son flexibles e aproximados. Os erros valóranse como pasos necesarios na aprendizaxe. Priman os procesos sobre os resultados.
Destacar a importancia de crear un ambiente educativo onde prime a valoración positiva nas interaccións, evitando as comparacións, a desvalorización, estigmatizar ou ridiculizar.
O proxecto é un fin en si mesmo e non unha escusa para forzar a integración de contidos. Non existe unha preocupación por “cubrir” todos os contidos en cada proxecto, senón máis por desenvolver as capacidades necesarias para provocar aprendizaxes autónomas. A interrelación entre áreas dáse de modo natural e non se busca unha conexión forzada entre elas.
Papel da persoa docente:
- Canalizadora de propostas.
- Organizadora de intereses.
- Enriquecedora de puntos de vista, realizando preguntas intelixentes e oportunas.
- Prevendo recursos.
- Avaliando a súa propia actividade e os novos coñecementos
Papel do alumnado:
Axente activo: formula hipóteses sobre o mundo que lle rodea, comproba a súa veracidade en contacto con outros individuos, establecendo conclusións que se van modificando. Protagonista da súa aprendizaxe.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0