| Título |
IMPRESSións do pasado |
|---|---|
|
Descrición |
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 6- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Educación Dixital de 3º de Educación Secundaria Obrigatoria. A situación de aprendizaxe xira en torno á vida de hai 50 anos. Deste xeito, o alumnado deberá facer uso de recursos multimedia e ferramentas de ofimática para xerar información que lle permita contrastala coa vida na actualidade. En particular, o alumnado interactuará co software de presentacións de LibreOffice Impress e a ferramenta Board de Moodle/Taboleiro de EVA E-Dixgal. Como reto final, o alumnado elaborará unha presentación dixital que compartirá na Rede co obxectivo de que o resto da aula a visualice e a valore. |
| Persoas elaboradoras |
Jose Manuel Álvarez Rodríguez |
| Organización | Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación | "IMPRESSións do pasado"; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
