Mellora as túas presentacións
Xa te adestraches no básico sobre presentacións en Impress. Neste apartado mellorarás a comprensión da información que presentes e farás o contido das diapositivas máis atractivo e dinámico.
Como? Engadindo recursos multimedia: imaxes, táboas, gráficos, son e vídeo.
Nos seguintes apartados atoparás vídeos explicativos e adestramentos para practicar. Comeza!
Lectura facilitada
Xa coñeces o básico sobre presentacións en Impress.
O contido das diapositivas pode ser máis atractivo e dinámico.
Aprenderás a facelo.
Engadirás recursos multimedia:
- Imaxes.
- Táboas e gráficos.
- Son e vídeo.
Nos seguintes apartados atoparás vídeos explicativos.
Tamén terás adestramentos para practicar.
Comeza!
