Preparádevos para IMPRESSionar
Chegou o momento de abordar o reto. Xa sabedes que criterios ten que cumprir unha presentación atractiva e eficaz, vexamos polo miúdo as tarefas que cómpre realizar para elaborala:
- O primeiro que faredes é planificar a estrutura que vai ter a vosa presentación, é dicir, facer un guión cos principais apartados. Se non sabedes o que queredes contar, é difícil que poidades escoller ben a información que precisades buscar ou a orde das diapositivas. Disporedes de 1/2 sesión.
- A continuación, faredes unha repartición do traballo. Hai distintas tarefas que realizar: facer e gravar a entrevista; completar o resto da investigación; deseñar a portada e as diapositivas... Teredes 1/2 sesión.
- Finalmente, elaboraredes a presentación en LibreOffice Impress. Disporedes de 5 sesións.
Os seguintes apartados serviranvos de referencia. Adiante!
Lectura facilitada
Chegou o momento de abordar o reto.
Coñecedes que criterios ten que cumprir unha presentación atractiva e eficaz.
Vexamos as tarefas necesarias para elaborala:
- O primeiro que faredes é planificar a estrutura da vosa presentación:
- Facer un guión cos principais apartados.
- Teredes media sesión.
- A continuación, faredes unha repartición do traballo.
- Hai distintas tarefas que realizar: facer e gravar a entrevista, completar o resto da investigación, deseñar a portada e as diapositivas...
- Teredes media sesión.
- Ao final, elaboraredes a presentación en LibreOffice Impress en 5 sesións.
Os seguintes apartados serviranvos de axuda.
Adiante!




