Crea efectos dinámicos
Cos consellos e adestramentos anteriores, seguro que a presentación mellorou moito. Pero aínda podes facer que pareza máis profesional.
Como? Incluíndo elementos que manteñan a atención da túa audiencia: as animacións e as transicións.
Audio
- As animacións aplícanse sobre elementos individuais dunha diapositiva, como texto, formas ou imaxes; dándolles movemento ou facendo que aparezan/desaparezan gradualmente.
- As transicións son efectos que se aplican no cambio entre diapositivas. Fan que aparezan ou desaparezan de xeito máis rechamante.
Ollo! Se fas bo uso delas quedará unha presentación máis coidada. Pero se abusas, pode marear ou aburrir a audiencia.
A continuación, tes unha serie de adestramentos que che permitirán dominar estes efectos. Adiante con eles!
Lectura facilitada
Nos adestramentos anteriores fixeches unha presentación máis visual.
Pero cómpre manter a atención do público.
Para iso empregarás as animacións e as transicións.
As animacións aplícanse sobre elementos individuais dunha diapositiva. Exemplo: texto, formas ou imaxes.
As animacións permiten darlles movemento.
Tamén permiten que aparezan/desaparezan gradualmente.
As transicións aplícanse no cambio entre diapositivas.
Fan que aparezan ou desaparezan de xeito máis rechamante.
Non abuses das animacións e transicións.
Se usas moitas, o público pódese marear ou aburrir.
A continuación, tes unha serie de adestramentos.
Os adestramentos permitiranche dominar as transicións e as animacións.
Adiante con eles!
