Pegadas do aprendido
Continúa botando a vista atrás... Nesta ocasión para ver o paso do tempo con datos.
Audio
Táboa aquí!
Na seguinte táboa podes ver como cambiou o parque automobilístico en España nos anos 1970 e 2021. Os datos están obtidos dos anuarios xerais estatísticos da Dirección Xeral de Tráfico neses anos.
| Tipo de vehículo | Número en 1970 | Número en 2021 |
| Remolques | 12.086 | 512.500 |
| Autobuses | 30.728 | 64.447 |
| Camións | 368.852 | 2.481.307 |
| Furgóns e furgonetas | 341.371 | 2.569.109 |
| Turismos | 2.377.726 | 24.940.969 |
| Tractores | 247.211 | 238.456 |
| Motocicletas | 1.267.242 | 3.866.220 |
Audio
Os datos da táboa anterior poden ser similares a outros que atopes para incluír na presentación do teu reto. Xa coñeces ferramentas para xestionalos, como o procesador de textos ou a folla de cálculo.
Escolle unha das seguintes opcións para traballar con eles.
Lectura facilitada
Pode que queiras incluír na presentación do teu reto datos parecidos aos da táboa anterior.
Xa traballaches con ferramentas para xestionalos:
- Procesador de textos.
- Folla de cálculo.
Escolle unha das seguintes opcións para traballar con eles.

