Saltar navegación

1.1. A polo reto!

O reto

As imaxes, a música e os sons teñen o poder de transportarnos a outras épocas e a momentos da nosa vida. Cando están ben seleccionadas e combinadas, son capaces de mergullarnos, aínda que sexa por uns instantes, noutra realidade.

O voso reto consiste en crear e publicar unha presentación dixital que permita ao espectador viaxar 50 anos atrás no tempo. Seredes quen de reconstruír como era o mundo dos vosos avós e avoas? Como se vestían, que escoitaban, como se comunicaban e como era o seu día a día?

Preparádevos para abrir unha pequena fiestra ao pasado.

Que pasos tedes que seguir?

Pictograma dun grupo de tres persoas reunidas arredor dunha mesa. De fondo vese un taboleiro con papeis colgados1. Formación de grupos e repartición do traballo 

  • Traballaredes en grupos de 3 persoas.
  • Cada grupo encargarase dun eido da vida de hai 50 anos (comunicacións, transporte etc.).

Pictograma dunha lupa sobre un documento2. Recompilación de información

  • Deseñaredes unha entrevista coa que recoller información de hai 50 anos.
  • Recompilaredes imaxes pertencentes ao pasado do voso eido.
  • Recordaredes como elaborar gráficas para comparar datos.

Pictograma dunha persoa sentada nun escritorio cun ordenador diante. Simula facer un deseño3. Deseño do estilo da presentación

  • Aprenderedes os pasos para facer unha boa presentación.
  • Aprenderedes a usar ferramentas de creación e edición de presentacións.
  • Aprenderedes a publicar e compartir as vosas creacións, así como a valorar e comentar as achegas doutros grupos.
  • Acordaredes un estilo común para a presentación do voso grupo: modelo de presentación, tipo de letra e tamaños, cores de fondo e tipografía.

Pictograma dunha pantalla na que se amosa contido dixital (imaxes, texto etc.)4. Elaboración da presentación

  • Organizaredes o traballo e repartiredes tarefas entre os membros do grupo.
  • Elaboraredes en grupo a presentación para acadar o reto.

Pictograma dunha pantalla na que se pode ver www para simbolizar a publicación na Rede 5. Publicación da presentación

  • Publicaredes a presentación na Rede.
  • Visualizaredes e valoraredes as presentacións elaboradas por outros grupos.

Pictograma dunha persoa facendo unha exposición oral empregando a proxección dunha presentación dixital6. Posta en común 

  • Faredes a exposición da vosa presentación.
  • Avaliaredes as presentacións elaboradas polos outros grupos.

Lectura facilitada

As imaxes, a música e os sons lévanos a outros momentos da nosa vida.

O voso reto consiste en crear e publicar unha presentación dixital.

Con ela o espectador poderá viaxar 50 anos atrás no tempo.

Teredes que representar o mundo dos vosos avós e avoas.

Amosaredes como se vestían.

Tamén que escoitaban.

Mostraredes como se comunicaban.

Preparádevos para pescudar no pasado.

Que pasos tedes que seguir?

1. Formación de grupos e repartición do traballo 

  • Traballaredes en grupos de 3 persoas.
  • Cada grupo encargarase dun eido da vida de hai 50 anos (comunicacións, transporte etc.).

2. Recompilación de información

  • Deseñaredes unha entrevista coa que recoller información de hai 50 anos.
  • Recompilaredes imaxes pertencentes ao pasado do voso eido.
  • Recordaredes como elaborar gráficas para comparar datos.

3. Deseño do estilo da presentación

  • Aprenderedes os pasos para facer unha boa presentación.
  • Aprenderedes a usar ferramentas de creación e edición de presentacións.
  • Aprenderedes a publicar e compartir as vosas creacións. Tamén a valorar e comentar as achegas doutros grupos.
  • Acordaredes un estilo común para a presentación do voso grupo: modelo de presentación, tipo de letra e tamaños, cores de fondo e tipografía.

4. Elaboración da presentación

  • Organizaredes o traballo.
  • Repartiredes tarefas entre os membros do grupo.
  • Elaboraredes a presentación para acadar o reto.

5. Publicación da presentación

  • Publicaredes a presentación na Rede.
  • Visualizaredes as presentacións doutros grupos.
  • Tamén as valoraredes.

6. Posta en común 

  • Exposición da vosa presentación.
  • Avaliación das presentacións doutros grupos.

Primeiros pasos

Duración: 15 minutos Agrupamento: Gran grupo

Esquema con 10 eidos da vida: educación, saúde, traballo, vivenda, familia, transporte, comunicacións, ocio e tempo libre, moda e economía

Estades a piques de convertervos en investigadores e investigadoras do pasado para descubrir como cambiou a vida nos últimos 50 anos. A continuación tedes os primeiros pasos a seguir:

  1. Crear o grupo de traballo: formade grupos de 3 persoas.
  2. Escoller un eido da vida para investigar: podedes elixir un dos que aparecen no esquema superior. Tede en conta que non pode haber na clase varios grupos co mesmo tema.
  3. Xustificar a elección: por que escolledes este tema, que credes que cambiou nos últimos 50 anos, a quen lle ides preguntar na vosa familia...
  4. Compartir co resto da clase: cada equipo debe dicir en voz alta cal é o tema elixido e as razóns desa escolla.

Lectura facilitada

Duración: 15 minutos Agrupamento: Gran grupo

Esquema con 10 eidos da vida: educación, saúde, traballo, vivenda, familia, transporte, comunicacións, ocio e tempo libre, moda e economía

Comeza a investigación.

Os primeiros pasos a seguir son:

  1. Crear o grupo de traballo:
    • Serán grupos de 3 persoas.
  2. Escoller un eido da vida para investigar:
    • Elixide un dos que aparecen no esquema superior.
    • Non pode haber na clase varios grupos co mesmo eido.
  3. Xustificar a elección:
    • Por que escolledes este tema?
    • Que credes que cambiou nos últimos 50 anos?
    • A quen lle ides preguntar na vosa familia?
  4. Compartir co resto da clase:
    • Comentade en voz alta cal é o tema elixido e as razóns desa escolla.

Cal é a meta do reto?

Cando superes o reto serás capaz de:

  • Analizar cambios na vida e na sociedade ao longo do tempo.
  • Reelaborar información procedente de distintas fontes para incluíla nunha presentación propia.
  • Escoller imaxes, vídeos, sons ou outros recursos que axuden a explicar mellor o que queres contar.
  • Crear unha presentación dixital combinando texto, imaxe, son e vídeo de maneira ordenada e con sentido.
  • Empregar correctamente elementos de deseño básico (estrutura, tipografía, cor, equilibrio visual) para mellorar a claridade da presentación.
  • Gardar e compartir unha presentación dixital no formato adecuado segundo para que as vaias usar (expoñela en clase, enviala por Internet ou subila a unha plataforma).
  • Participar na publicación e difusión colaborativa dunha presentación dixital respectando roles, acordos e normas de convivencia dixital.

Lectura facilitada

Cando superes o reto poderás:

  • Analizar cambios na vida e na sociedade ao longo do tempo.
  • Elaborar información procedente de distintas fontes.
  • Incluír esa información nunha presentación propia.
  • Escoller imaxes, vídeos, sons ou outros recursos axeitados. Con eles explicarás mellor o que queres contar.
  • Crear unha presentación dixital combinando texto, imaxe, son e vídeo de maneira ordenada e con sentido.
  • Empregar de forma correcta elementos de deseño básico (estrutura, tipografía, cor, equilibrio visual). 
  • Mellorar a claridade da presentación.
  • Gardar e compartir unha presentación dixital no formato adecuado.
  • Participar na publicación dunha presentación dixital. Respectar roles, acordos e normas de convivencia dixital.

Bota a vista atrás

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Xa coñeces o reto que tes por diante: pescudar na vida de hai 50 anos para confrontala coa do presente. Para situarte nesa época e comprender mellor o seu contexto, reflexiona sobre as seguintes cuestións, que atoparás na Fase 1 do teu diario de aprendizaxe.

  • Que sabes sobre como era a vida hai 50 anos?
  • Como pensas que se podía facer un traballo escolar sen dispoñer de Internet e sen teléfonos móbiles nin ordenadores?
  • Que pensas que facía a xente no seu tempo de ocio?
  • Imaxínaste como vestían os teus avós e avoas cando tiñan a túa idade?

Comparte as túas respostas coas persoas do teu grupo para formar unha visión preliminar conxunta da vida hai 50 anos.

Lectura facilitada

O reto é pescudar na vida de hai 50 anos.

Tes que situarte nesa época e comprender mellor o seu contexto.

Para iso, reflexiona sobre as seguintes cuestións.

Poderás atopalas na Fase 1 do teu diario de aprendizaxe.

  • Que sabes sobre como era a vida hai 50 anos?
  • Como se podía facer un traballo escolar sen dispoñer de Internet? E sen teléfonos móbiles nin ordenadores?
  • Que pensas que facía a xente no seu tempo de ocio?
  • Imaxínaste como vestían os teus avós e avoas cando tiñan a túa idade?

Comparte as túas respostas coas persoas do teu grupo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)