Envoltorio ou recipiente que se utiliza para recubrir, envolver ou conter algo.
Exemplo:
Os cacahuetes atópanse dentro dunha cápsula que os protexe, é a súa cáscara. En sentido figurado, os arquivos dixitais poden considerarse cápsulas ou caixas cuxo contido poden ser imaxes, textos, vídeos... en función do tipo de arquivo.
As pegadas do tempo
O tempo reflíctese nos textos, nas imaxes, nos sons, nos vídeos... Son as cápsulas que conservan a memoria das persoas e das épocas. Para poder gardar e compartir esa información, cada contido almacénase nun formato de arquivo determinado; seguro que xa o sabes porque cando gardas un traballo no ordenador, móbil ou tableta dixital, falo sempre cun formato indicado normalmente polas últimas letras do nome do ficheiro. Algúns exemplos:
Traballo_Lingua_V01.odt
Proba_Atletismo.ods
Foto.jpg
Traballo_final.pdf
Cada formato serve para unha cousa diferente.
Es quen de recoñecelos todos? sabes cal empregar en cada caso?
Ponte a proba coas seguintes actividades!
Lectura facilitada
O tempo reflíctese nos textos, nas imaxes, nos sons, nos vídeos...
Son as cápsulas que conservan a memoria das persoas e das épocas.
Aquí tes un resumo do que acabas de repasar de xeito organizado.
Formatos de texto
Para que serven?
Empréganse para escribir información, redactar documentos, facer entrevistas, preparar traballos...
Os máis habituais
.odt: formato de LibreOffice Writer (software libre).
.txt: texto libre, sen cores, nin tamaños diferentes, nin imaxes.
.docx: formato de Microsoft Word.
Para que os podes empregar no reto?
Escribir preguntas para as entrevistas.
Recoller información do que nos conten as persoas maiores.
Redactar os textos que formarán parte da presentación.
Formatos de folla de cálculo
Para que serven?
Empréganse para organizar datos en táboas con filas e columnas, introducindo os datos en celas. Permiten comparar información de forma axeitada e representala mediante gráficos.
Os máis habituais
.ods: formato de LibreOffice Calc (software libre).
.csv: formato simple de táboa en texto plano.
.xlsx: formato de Microsoft Excel.
Para que os podes empregar no reto?
Organizar a información sobre antes e agora.
Crear táboas e gráficos comparando aspectos como porcentaxe de poboación activa, número de televisores ou teléfonos por vivenda...
Formatos de imaxe
Para que serven?
Empréganse para gardar fotos, debuxos ou ilustracións.
Os máis habituais
.jpg ou .jpeg: moi común en fotografías. Ocupa pouco espazo.
.png: formato con boa calidade, permite fondos transparentes.
.svg: imaxes baseadas en debuxo vectorial. Non perden calidade cando se amplían.
.gif: para pequenas animacións.
Para que os podes empregar no reto?
Engadir fotos antigas que poida ter a túa familia.
Incluír imaxes actuais.
Ilustrar as presentacións.
Formato PDF
Para que serve?
É un formato que está pensado para non modificar o seu aspecto. O que vexas no teu ordenador ou tableta vai ser igual que o que vexa calquera dos teus compañeiros ou das túas compañeiras nos seus dispositivos.
Características
Pódese abrir en case calquera dispositivo.
Mantén o formato do documento (letras, imaxes, posición...).