Saltar navegación

2. IMPRESSións recentes

 

Glosario

Presentación dixital

Pictograma dunha persoa expoñendo unha presentación dixital

Definición:

É un documento deseñado con ferramentas informáticas para ser proxectado ante o público con axuda dun proxector ou pantalla dixital. 

Exemplo:

Os documentos que emprega o profesorado para facilitar as explicacións nas clases ou os documentos elaborados polo alumnado para expoñer traballos.

Rigorosa

Pictograma dunha persoa dicindo a verdad. Amósase como a persoa di exactamente o que ten na cabeza

Definición:

Realizada con toda a exactitude e perfección posibles. 

Exemplo:

Unha presentación rigorosa presenta datos obtidos de fontes fiables e que están contrastados.

Pasado non tan pasado

Pictograma dun calendario cunha frecha apuntando cara atrás (á esquerda)

Xa coñeces o reto, tes claro o teu grupo de traballo e o ámbito da vida cotiá no que vos ides centrar. É o momento de comezar a recompilar material para que a vosa presentación sexa creativa, rigorosa e visualmente atractiva.

Bota a vista atrás... pero, polo de agora, só o necesario para identificar o que xa sabes e pode resultarche útil para acadar o reto. Ten en conta que, para dar forma á túa creación, precisarás seleccionar e integrar recursos dixitais que a enriquezan e reforcen a súa mensaxe.

  • Lembras que tipos de recursos dixitais podes utilizar?
  • Recordas en que formatos adoitan presentarse e que posibilidades ofrece cada un deles?
  • Sabes manexalos, editalos e darlles contido propio?

Ao longo desta fase repasarás todo isto e darás os primeiros pasos cara á consecución do reto. 

Todo listo para abrir a porta ao pasado?

Lectura facilitada

Xa sabes cal é o reto.

Coñeces o teu grupo de traballo.

Escolliches o eido da presentación.

Agora tes que recompilar material para que a presentación sexa:

  • Creativa.
  • Rigorosa. 
  • Visualmente atractiva.

Debes seleccionar e integrar recursos dixitais.

Estes axudaranche a mellorar a presentación:

  • Lembras que recursos dixitais podes utilizar?
  • Recordas en que formatos se presentan e que posibilidades ofrece cada un deles?
  • Sabes manexalos, editalos e darlles contido propio?

Ao longo desta fase repasarás todo isto.

Tamén darás os primeiros pasos cara á consecución do reto. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)