| Formatos e nome do arquivo (GRUPAL) | Entrégase, nun cartafol comprimido e co nome axeitado: unha presentación elaborada en LibreOffice Impress (con extensión .odp) e exportada a PDF (con extensión .pdf); como mínimo tres imaxes (en formato de mapa de bits ou vectoriais); un ficheiro de vídeo (con extensión .mp4 ou .avi) ou de son (con formato .mp3 ou .wav). (1,25) | O cartafol comprimido conta co nome axeitado e contén os ficheiros indicados na primeira columna, agás a presentación exportada a PDF ou non se entrega un mínimo de 3 imaxes. (0,8) | O cartafol comprimido non conta co nome axeitado e faltan máis de dous dos ficheiros solicitados na primeira columna. (0,4) | Non se fai a entrega do cartafol comprimido e, polo tanto, de ningún dos ficheiros solicitados. (0) |
|---|
| Estilo e deseño (GRUPAL) | A presentación cumpre co seguinte: 1. Ten un modelo uniforme en todas as diapositivas (predeterminado ou propio); 2. Conta con tipo e tamaño de fonte adecuados para os títulos e o texto e cunha selección de cores que facilitan a súa visualización; 3. Nas diapositivas obsérvase un equilibrio entre a información textual e a información visual e sonora. (1,25) | A presentación cumpre dous dos tres criterios indicados na primeira columna. (0,8) | A presentación cumpre un dos tres criterios indicados na primeira columna. (0,4) | A presentación non conta e non cumpre ningún dos criterios recollidos na primeira columna. (0) |
|---|
| Contido (GRUPAL) | A presentación ten os seguintes contidos mínimos: 1. Portada e título atraente, que gardan relación co eido escollido; 2. Índice; 3. Contidos ben organizados e secuenciados; 4. O reparto de tarefas, detallado nunha táboa na penúltima diapositiva; 5. Os créditos dos recursos multimedia e a información incluídos na presentación e o nome e apelidos dos seus autores na diapositiva final. Ademais, a presentación conta con algún dos seguintes contidos adicionais: táboas, gráficos e/ou reflexións finais. (1,25) | A presentación conta con todos os contidos mínimos recollidos na primeira columna. (0,8) | Na presentación faltan como máximo dous dos contidos mínimos requiridos na primeira columna. (0,4) | A presentación conta só con algún dos contidos mínimos requiridos. (0) |
|---|
| Recursos multimedia (GRUPAL) | A presentación inclúe polo menos 3 imaxes con boa resolución relacionadas co eido escollido e, como mínimo, ten un vídeo ou ficheiro de son que se reproduce correctamente. (1,25) | A presentación conta cun vídeo ou ficheiro de son que se reproduce correctamente, pero non conta con polo menos 3 imaxes ou estas non teñen boa resolución. (0,8) | A presentación non conta con imaxes, pero si conta cun vídeo ou ficheiro de son que se reproduce correctamente. (0,4) | A presentación non conta con imaxes nin cun vídeo ou ficheiro de son. (0) |
|---|
| Animacións e transicións (GRUPAL) | Na presentación hai efectos de animación para destacar información relevante, sen facer un uso abusivo deles, e transicións entre diapositivas que achegan dinamismo. Ambos elementos melloran a visualización, engaden énfase e facilitan a comprensión da información presentada. (1,25) | Hai un uso excesivo de efectos de animación e non están empregados para destacar información relevante, ou as transicións entre diapositivas son moi variadas e non gardan relación, dificultando a visualización da información presentada. (0,8) | Non se empregan efectos de animación ou transicións entre diapositivas. O elemento que si se emprega cumpre a súa función e mellora a visualización e comprensión da información. (0,4) | Non se empregan efectos de animación e transición entre diapositivas. (0) |
|---|
| Contribución individual (INDIVIDUAL) | Na táboa da penúltima diapositiva da presentación recóllese un reparto equitativo e equilibrado entre os membros do grupo do traballo, en relación co deseño e elaboración da presentación, que a persoa docente puido observar e comprobar. (1,25) | Hai lixeiras diferenzas entre o reparto de traballo recollido na táboa da penúltima diapositiva e o observado e comprobado pola persoa docente, ou o reparto do traballo non é equilibrado o que esixe un novo reparto con posterioridade. (0,8) | O reparto do traballo non é equitativo e equilibrado entre os membros do grupo ou hai grandes diferenzas entre o presentado na táboa de reparto de traballo e o observado e comprobado pola persoa docente. (0,4) | Non se entrega unha táboa na penúltima diapositiva onde se recolla un reparto equitativo e equilibrado entre os membros do grupo de traballo. (0) |
|---|
| Publicación da presentación (GRUPAL) | Realizouse a entrega da presentación nun cartafol comprimido co nome requirido no foro creado para tal efecto, e posteriormente engadiuse a ligazón da presentación (en formato .odp) no Board. (1,25) | Entrégase o cartafol comprimido no foro, pero non conta co nome requirido ou a ligazón á presentación no Board non funciona. (0,8) | O cartafol comprimido entregado no foro non conta co nome requirido e a ligazón á presentación no Board non funciona. (0,4) | Non se entrega o cartafol comprimido co nome requirido nin a ligazón á presentación no Board. (0) |
|---|
| Interaccións e valoracións arios e valoracións (INDIVIDUAL) | Visualizáronse as presentacións doutros grupos, segundo o reparto equitativo e acordado entre os membro do grupo. Realizáronse comentarios e valoracións sobre estas presentacións, atendendo ás normas de netiqueta. (1,25) | Visualizáronse as presentacións doutros grupos, pero non se realizaron comentarios e valoracións de todas presentacións, ou estas non cumpren as normas de netiqueta. (0,8) | Non se visualizaron todas as presentacións e soamente se realizaron valoracións e comentarios dunha presentación. Os comentarios e valoracións realizados non cumpren as normas de netiqueta. (0,4) | Non se visualizaron nin se realizaron valoracións e comentarios en ningunha das presentacións resultado do reparto equitativo e acordado entre os membros do grupo. (0) |
|---|