Saltar navegación

3.6. Un alto no camiño

Mirando atrás para seguir avanzando

Imaxe cunha maleta e un punto de saída e chegada nunha viaxe

É hora de poñer a proba todo o que fuches descubrindo sobre o mundo no que vives.

Resolve agora algunhas tarefas para reforzar o que aprendiches e comprobar canto avanzaches.

Ánimo, seguro que o fas moi ben!

Lectura facilitada


É hora de poñer a proba todo o que aprendiches.

Resolve agora algunhas tarefas propostas

para reforzar o que aprendiches

e comprobar canto avanzaches.

Ánimo, seguro que o fas moi ben!

Elixe o teu compás

Realiza unha das opcións:

Opción A: Palabras que sobran

Completa o texto escribindo (tamén se pode copiar e pegar) os termos máis axeitados da lista de palabras suxeridas que se atopa a continuación:

Estatuto de Autonomía, institucións, Filipe VI, veto, Comisión Europea, recursos naturais, ONU, globalización, proteccionismo, xudicial, parlamentaria, migratorios, estado, liberalización, ditadura, multiculturalidade, interculturalidade, económica, refuxiados.

Cada palabra úsase unha soa vez. HAI PALABRAS QUE NON VAS EMPREGAR.

O fenómeno que describe o noso mundo interconectado chámase . No ámbito económico, isto implica unha progresiva do comercio, aínda que algunhas políticas como o poñan trabas. Un efecto negativo desta interconexión é a sobreexplotación de .
Cando as culturas conviven e interactúan con respecto, falamos de , un concepto máis profundo que a . Unha manifestación da globalización é a gran mobilidade da poboación (fluxos ), cuxa motivación é a miúdo .
Un , ademais da poboación e o territorio, componse de e leis. O sistema de goberno en España é a monarquía .
A fundouse co obxectivo de manter a paz, pero ten un punto débil no dereito a do seu Consello de Seguridade. A nivel europeo, a propón leis e executa as políticas. Finalmente, a lei básica que rexe o autogoberno dunha Comunidade Autónoma chámase .

Activar JavaScript

Opción B: Só unha vale

Pregunta

Cal é o fenómeno que describe a interconexión mundial, onde un evento nun lugar pode ter reflexo ata no recuncho máis afastado do planeta? 

Respostas

Interculturalidade 

Proteccionismo 

Globalización 

Mestizaxe cultural

Retroalimentación

Pregunta

Cal dos seguintes non é considerado un ámbito principal de influencia da globalización segundo o texto?

Respostas

Ámbito económico 

Ámbito militar 

Ámbito cultural 

Ámbito tecnolóxico e comunicativo

Retroalimentación

Pregunta

Dende un punto de vista económico, que implica o proceso globalizador? 

Respostas

 Unha política proteccionista con máis trabas ao comercio

Unha progresiva liberalización do comercio e expansión dos investimentos de capital 

O crecemento exclusivo de empresas de capital interno 

A desaparición dos mercados globais

Retroalimentación

Pregunta

Que termo se utiliza para a política contraria á liberalización do comercio, na que se pon trabas á entrada de mercadorías estranxeiras para defender a produción interna?

Respostas

Globalización cultural 

Liberalismo económico 

Proteccionismo 

Interconexión global

Retroalimentación

Pregunta

Segundo o texto, cal é un dos efectos negativos da globalización no ámbito social e ambiental? 

Respostas

A mellora da comunicación global 

O fomento da colaboración internacional 

A perda de biodiversidade e a sobreexplotación de recursos 

O incremento da accesibilidade á información

Retroalimentación

Pregunta

Como se define a interculturalidade?

Respostas

A convivencia de culturas illadas sen interacción nin respecto 

O contacto entre culturas ao longo da historia que produce mestizaxe 

A maneira na que persoas con culturas diferentes conviven, relaciónanse, respéctanse e aprenden entre si 

O proceso de imposición de modelos culturais maioritarios sobre minorías.

Retroalimentación

Pregunta

Cal é a principal diferenza entre unha sociedade multicultural e unha sociedade intercultural segundo o texto? 

Respostas

A multiculturalidade xera conflitos e a interculturalidade non 

A multiculturalidade supón a convivencia illada, mentres que a interculturalidade supón relacións activas e recoñecemento mutuo 

A interculturalidade só existe en países occidentais e a multiculturalidade non 

Na sociedade multicultural non se produce mestizaxe, na intercultural si

Retroalimentación

Pregunta

Cal das seguintes é unha contribución da interculturalidade? 

Respostas

Limitar a soberanía dos Estados 

 Xerar homoxeneización ou estandarización cultural 

Incentivar a innovación e a aprendizaxe mediante distintos puntos de vista 

Aumentar a dependencia tecnolóxica.

Retroalimentación

Pregunta

Cal é a motivación fundamental, e de carácter intracontinental, que comparten os dous fluxos migratorios máis destacados a nivel mundial hoxe en día (Asia Meridional a Occidental e Centroamérica a América do Norte)?

Respostas

Motivación militar

Motivación política

Motivación relixiosa

Motivación económica

Retroalimentación

Pregunta

Que fenómeno se reflicte na pirámide de poboación dos países do Golfo Pérsico debido á migración que reciben? 

Respostas

Un equilibrio perfecto de sexos 

Un gran desequilibrio de sexos, predominando as mulleres 

Un gran desequilibrio de sexos, predominando os homes 

Unha redución drástica da poboación total

Retroalimentación

Pregunta

Cal é un dos elementos constitutivos dun Estado, ademais da poboación, o territorio e as leis? 

Respostas

Os cascos azuis 

O dereito a veto 

As institucións 

Os fondos estruturais

Retroalimentación

Pregunta

Que organismo está composto por membros escollidos polos concelleiros e polas concelleiras?

Respostas

A Xunta de Galicia

A Deputación 

O municipio

O TSXG

Retroalimentación

Pregunta

Cal é a función principal da Comisión Europea nas institucións comunitarias? 

Respostas

Aprobar leis e orzamento xunto ao Parlamento 

Definir as liñas políticas da UE (máximo órgano político)

Propoñer leis, executar políticas e velar polo cumprimento dos tratados 

Garantir o cumprimento das leis europeas e resolver disputas entre países

Retroalimentación

Pregunta

 Segundo a Constitución de 1978, cal é a característica do Estado español que indica que o monarca é o xefe de Estado, pero está sometido ao control do Parlamento e do Goberno?

Respostas

Estado de dereito 

Soberanía nacional 

Monarquía parlamentaria 

Estado social

Retroalimentación

Pregunta

No modelo de organización territorial descentralizado de España, que termo se utiliza para a lei institucional básica dunha Comunidade Autónoma que regula o seu autogoberno? 

Respostas

Constitución 

Estatuto de Autonomía 

Fondo de Cohesión 

Lei Orgánica

Retroalimentación

Pregunta

En Galicia, que denominación recibe o Goberno?

Respostas

Xunta de Galicia

Parlamento

Cámara Alta

Cámara Baixa

Retroalimentación

Opción C: Probabilidade 50 %

Le os enunciados e escolle Verdadeiro ou Falso

Pregunta 1

A globalización defínese como un fenómeno exclusivamente económico, sen influencia nos ámbitos social e cultural.

Pregunta 2

A política proteccionista dos Estados Unidos, mencionada nos textos, supón unha liberalización do comercio.

Pregunta 3

Un efecto positivo da globalización é que pode acrecentar as diferenzas de desenvolvemento entre os países ricos e pobres.

Pregunta 4

A mestizaxe cultural, grazas ao contacto entre culturas, enriqueceu as sociedades actuais.

Pregunta 5

O concepto de interculturalidade supón camiñar cara a unha sociedade na que as diferentes culturas conviven de maneira illada e sen interacción.

Pregunta 6

Unha das contribucións da interculturalidade é a redución dos prexuízos e a discriminación, promovendo a tolerancia.

Pregunta 7

Actualmente, o fluxo migratorio máis importante entre continentes é desde Europa a América do Norte.

Pregunta 8

O fluxo migratorio desde Asia Meridional a Asia Occidental (Golfo Pérsico) está motivado principalmente pola política e non pola economía.

Pregunta 9

Segundo a RAE, un Estado necesita de institucións e símbolos, pero non necesariamente dun conxunto de leis para ser recoñecido.

Pregunta 10

A función de "Proporcionar servizos básicos á cidadanía: educación, sanidade, seguridade..." é unha das principais funcións dun Estado.

Pregunta 11

Nun Estado democrático, o Poder Lexislativo reside nos xuíces e nas xuízas e nos maxistrados e maxistradas.

Pregunta 12

Un Estado descentralizado é aquel onde a maior parte das decisións se toman dende a capital e as leis son moi homoxéneas en todo o territorio.

Pregunta 13

A Organización das Nacións Unidas (ONU) conta cun exército propio chamado "Cascos Azuis".

Pregunta 14

Os cinco países con asento permanente no Consello de Seguridade da ONU teñen dereito a veto, o que se considera un punto débil da organización.

Pregunta 15

O Tratado de Roma de 1957 foi o que deu orixe á actual Unión Europea (UE) e xa estableceu o euro como moeda única.

Pregunta 16

O Parlamento Europeo aproba leis e orzamentos xunto co Consello da UE e os seus membros (eurodeputados e urodeputadas) son elixidos directamente polos cidadáns e cidadás.

Pregunta 17

O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) ten como finalidade apoiar investimentos en infraestruturas, innovación e investigación.

Pregunta 18

A Constitución de 1978 define a España como un Estado teocrático, onde existe vinculación total entre o Estado e as diferentes relixións.

Pregunta 19

En España, o Poder Executivo (Goberno) ten a función de elaborar as leis e controlar o Goberno.

Pregunta 20

Segundo a organización territorial de España, as Deputacións provinciais son os órganos de goberno dos municipios.

Utiliza agora o diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaXa traballastes un motón de contidos.

Aproveitade que tedes frescos os coñecementos adquiridos e cubride a fase 3 do voso diario de aprendizaxe.

Serviravos para comprender a importancia que para vós como cidadáns e cidadás teñen os temas tratados, e para adiantar traballo de cara ao reto final.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)