Empatía desde o coñecemento
Para empezar debedes elaborar a primeira parte do pódcast ou un dos pósters da exposición, explicando a través das testemuñas dalgún dos seus protagonistas a situación que se vive nalgúns países do Sur Global que provoca a saída de emigrantes e refuxiados e refuxiadas buscando unha vida mellor. O voso traballo debe incluír:
- Unha testemuña que vos impactara.
- A explicación do concepto de refuxiado.
- A exposición das diferenzas entre países de saída e de chegada (pódevos axudar a grella que tedes a continuación).
- O caso concreto de Sudán do Sur ou de Afganistán: problemas que enfrontan.
| Países dos que se emigra | Países aos que se inmigra | |
|---|---|---|
| Estrutura por idades da poboación (poboación nova / envellecida) | ||
| Grao de desenvolvemento (IDH) | ||
| PIB per cápita | ||
| Grao de violencia e existencia de conflitos | ||
| Grao de urbanización | ||
| Principais actividades económicas |