Glosario
Estado
-
Definición:
-
Segundo o dicionario da RAE, un Estado é un país soberano, recoñecido como tal na orde internacional, asentado nun territorio e dotado de órganos propios de goberno.
-
Exemplo:
-
Unha monarquía é un tipo de Estado que ten por máximo representante unha raíña ou un rei.
Globalización

-
Definición:
-
Proceso que permite que tanto os países como as persoas estean cada vez máis próximos entre si.
-
Exemplo:
-
A globalización achega ás culturas e fomenta a cooperación internacional.
Interculturalidade
-
Definición:
-
Proceso que fomenta a convivencia respectuosa entre persoas pertencentes a diferentes eidos culturais.
-
Exemplo:
-
A interculturalidade achega culturas e fai que aprendan unhas das outras.
Organización das Nacións Unidas (ONU)
-
Definición:
-
Organización internacional fundada despois da II Guerra Mundial e que ten como obxectivos principais manter a paz, defender os dereitos humanos e favorecer a cooperación internacional.
-
Exemplo:
-
A ONU é un organismo plurinacional que está integrado por 193 Estados.
Unión Europea (UE)
-
Definición:
-
Organización integrada por 27 países europeos que traballan xuntos para facilitar a mobilidade de persoas, bens, servizos, tecnoloxía e capitais. Tamén busca resolver problemas comúns e fomentar a cooperación en ámbitos como a educación, a cultura e a protección do medio ambiente.
-
Exemplo:
-
A UE, organización á que pertence España dende 1986, contribúe a fomentar a unidade dos países europeos.
