Saltar navegación

3.5. O mundo fala

Organizacións internacionais

De forma voluntaria distintos países poden asociarse para crear organizacións internacionais coa finalidade de tratar diversas cuestións de interese común.

Existen organizacións internacionais de natureza ben diversa:

  • De alcance mundial: como a Organización das Nacións Unidas (ONU).
  • De ámbito rexional, con países dunha mesma área do mundo. Pode ser só para unha coordinación xeral, como a Organización de Estados Americanos (OEA), ou cunha integración moi fonda, como a Unión Europea (UE).
  • De ámbito especializado: como a Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN), de carácter militar.

Lectura facilitada

Os países poden unirse de forma voluntaria.

Crean organizacións internacionais.

Queren tratar xuntos temas comúns

e dar solucións a problemas comúns.

Existen varios tipos de organizacións:

  • De alcance mundial:

Están países de todo o mundo.

Exemplo: a Organización das Nacións Unidas (ONU).

  • De ámbito rexional:

Están países dunha mesma zona do mundo.

Pode ser para unha coordinación xeral

Exemplo: Organización de Estados Americanos (OEA)

ou con moita integración

como por exemplo a Unión Europea, UE.

  • De ámbito especializado:

Céntranse nun só tema.

  • Exemplo: a OTAN.

A OTAN é unha organización militar.

Como se organiza o mundo

Le, desprega e escolle

De forma distintos países poden para crear organizacións coa finalidade de tratar diversas cuestións de común.

Existen organizacións internacionais de natureza ben diversa:

De alcance : como a Organización das Nacións Unidas ( ).
De ámbito , con países dunha mesma área do mundo. Pode ser só para unha coordinación xeral, como a Organización de Estados Americanos ( ), ou cunha integración moi fonda, como a Unión Europea ( ).
De ámbito : como a Organización do Tratado do Atlántico Norte ( ), de carácter .

Activar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova xanela)