Saltar navegación

2.3. Quen manda? Como manda?

 

Glosario

Democracia

A imaxe reflicte unha urna e unha papeleta de votación

Definición:

Sistema de goberno no que o poder teno a cidadanía.

Exemplo:

Nunha democracia, mediante as eleccións os cidadáns escollen aos seus representantes. 

Eleccións

Pictograma que representa persoas votando

Definición:

Proceso no que os cidadáns escollen os seus representantes. 

Exemplo:

Cada catro anos celébranse en Galicia eleccións para escoller deputados e deputadas. 

Goberno

Pictograma que representa a un presidente do goberno

Definición:

Conxunto de persoas e institucións que toman decisións e organizan como se xestiona o país. Constitúe o chamado poder executivo.

Exemplo:

O goberno está composto por un presidente ou presidenta e varios ministros e ministras.

Parlamento

Pictograma que representa a unha deputada diante do Congreso

Definición:

O parlamento é a sede do poder lexislativo, é dicir, ten por función aprobar as leis, así como controlar ao poder executivo. Os seus membros son elixidos polo pobo.

Exemplo:

Os deputados e deputadas aproban as leis no parlamento.

Os Estados e os organismos internacionais

Debuxo dun territorio e a súa bandeiraUn Estado é unha forma de organización política que controla e dirixe un territorio e a súa poboación, organiza a vida das persoas e procura que a sociedade funcione do mellor xeito posible.

Está formado por un territorio concreto, unha cidadanía que reside nel, unhas leis de obrigado cumprimento (a máis importante é a Constitución) e unhas institucións que toman decisións e velan polo correcto uso das normas.

Quen tipos de Estados hai? Que funcións teñen os Estados?

Segundo quen exerza a xefatura do Estado

Monarquía

Unha raíña é a xefa de Estado nunha monarquía
Pictograma dunha raíña

O xefe ou a xefa de Estado é un rei ou unha raíña. Non os escolle o pobo, senón que o seu cargo é hereditario.

República

O xefe ou a xefa de Estado é un presidente ou unha presidenta que a cidadanía escolle nas eleccións. 

Segundo quen exerza o goberno

Democracia:

Nas democracias os cidadáns participan na vida política mediante as eleccións
Pictograma no que se amosa unha urna e unha papeleta de voto

O poder está repartido entre o Parlamento, o Goberno e os tribunais de xustiza. A cidadanía participa votando nas eleccións e, ademais, posúe unha ampla serie de dereitos. 

Ditadura:

O poder está concentrado nunha persoa ou nun pequeno grupo. A cidadanía non participa na vida política, os dereitos da poboación están moi limitados e a oposición é perseguida polas autoridades.

Funcións dos Estados

Pictograma que representa un documento cunha lei escrita
  • Elaborar e facer cumprir as leis.
  • Garantir a seguridade (policía e exército).
  • Proporcionar servizos básicos á comunidade (educación, sanidade etc.).
  • Encargarse das relacións internacionais.

Lectura facilitada

Un Estado é un organismo que controla e dirixe un territorio.

Un Estado tamén dirixe á súa poboación.

O seu obxectivo é organizar a vida das persoas

e facer que a sociedade funcione ben.

O Estado está formado por:

  • Un territorio concreto
  • Unha cidadanía que vive nese territorio
  • Un conxunto de leis obrigatorias

A lei máis importante é a Constitución.

  • Unhas institucións que toman decisións
  • As institucións tamén fan cumprir as normas

Tipos de Estados:

Os estados clasifícanse de diferentes formas:

Segundo quen exerza a xefatura do Estado:
Monarquía:

  • O xefe ou a xefa do Estado é un rei ou unha raíña.
  • Non é elixido polo pobo,
  • É un cargo hereditario (pasa de pais a fillos).

 República:

  • O xefe ou a xefa do Estado é un presidente ou unha presidenta.
  • É elixido pola cidadanía mediante eleccións.

Segundo quen exerza o goberno

Democracia

  • As persoas participan na política mediante eleccións libres.
  • O poder está repartido entre o Parlamento, o Goberno

e os tribunais de xustiza.

  • A cidadanía vota e ten dereitos recoñecidos por lei.

Ditadura

  • O poder está concentrado nunha soa persoa

ou nun pequeno grupo.

  • A poboación non pode participar na política.
  • Os dereitos están moi limitados.
  • A oposición é perseguida polas autoridades.

Funcións do Estado

O Estado ten varias tarefas importantes:

  • Elaborar e facer cumprir as leis.
  • Garantir a seguridade da poboación (policía e exército).
  • Ofrecer servizos básicos á comunidade,

como educación e sanidade.

  • Xestionar as relacións con outros países.

O estado do benestar

Sabías que...

Algúns estados recoñecen o dereito dos seus cidadáns a gozar de servizos básicos como a educación e a sanidade, e a ter o que se coñece como seguridade social (por exemplo, baixas por enfermidade retribuídas e pensións). Nese caso, falamos dos denominados estados sociais ou estados do benestar. España pertence a este grupo de estados, como en xeral os da Unión Europea. Nos últimos anos o custo de soster o estado do benestar fai que haxa correntes políticas que o cuestionen.

Lectura facilitada

Algúns estados recoñecen o dereito dos seus cidadáns

a gozar de servizos básicos como a educación e a sanidade,

e a ter o que se coñece como seguridade social

(por exemplo, baixas por enfermidade retribuídas e pensións).

Nese caso, falamos dos denominados estados sociais ou estados do benestar.

España pertence a este grupo de estados, como en xeral os da Unión Europea.

Nos últimos anos o custo de soster o estado do benestar

fai que haxa correntes políticas que o cuestionen.

Xuntos máis fortes: a ONU e a UE

De forma voluntaria, os países crean organizacións internacionais para colaborar entre si, unir forzas e atopar solucións a problemas comúns. Existen numerosas organizacións deste tipo, pero destacan dúas: a Organización das Nacións Unidas (ONU) e a Unión Europea (UE).

ONU

A ONU é unha organización formada pola maioría dos países. Naceu despois da II Guerra Mundial e ten como obxectivos principais manter a paz, defender os dereitos humanos e favorecer a cooperación internacional en ámbitos como a educación, a cultura, a sanidade ou a alimentación. Porén, tal e como vemos a miúdo nos telexornais, non sempre consegue acadar estes obxectivos, especialmente no mantemento da paz mundial e na defensa dos dereitos humanos.

Unha bandeira azul cunha imaxe do mapa do mundo rodeado por un ramo de oliveira, símbolo da paz, conforman os símbolos da ONU
Pictograma que representa o escudo da ONU

UE

A UE é unha organización integrada por 27 países europeos que traballan xuntos para facilitar a mobilidade de persoas, bens, servizos, tecnoloxía e capitais. Tamén busca resolver problemas comúns e fomentar a cooperación en ámbitos como a educación, a cultura e a protección do medio natural.

Unha bandeira azul e un círculo de 12 estrelas amarelas é o símbolo máis recoñecible da UE
Pictograma da bandeira da Unión Europea

Lectura facilitada

Os países xúntanse en organizacións internacionais.

Xúntanse para colaborar entre si.

Deste modo poden buscar solucións a problemas comúns.

Existen moitas organizacións internacionais.

As máis importantes son:

a Organización das Nacións Unidas (ONU)

e a Unión Europea (UE).

A Organización das Nacións Unidas

Na ONU participan a maioría dos países.

Naceu despois da Segunda Guerra Mundial.

Os seus obxectivos principais son:

  • Manter a paz mundial.
  • Defender os dereitos humanos.
  • Favorecer a cooperación internacional

en temas como a educación, a cultura,

ou sanidade e a alimentación.

Porén, non sempre consegue cumprir estes obxectivos,

sobre todo no mantemento da paz

e na defensa dos dereitos humanos.

 A Unión Europea (UE)

A UE está formada por 27 países europeos.

Estes países traballan xuntos para:

  • Facilitar a mobilidade de persoas,

dos bens, servizos, tecnoloxía e dos capitais.

  • Resolver problemas comúns.
  • Colaborar en educación, cultura

e na protección do medio natural.

Tes memoria de elefante

Preme sobre as cartas, le e di, empregando as iconas de acerto e erro, se é verdadeiro ou falso.

{"typeGame":"FlipCards","author":"","randomCards":true,"instructions":"

Preme sobre as cartas, le e di, empregando as iconas de acerto e erro, se é verdadeiro ou falso.

","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#002b4a","backcolor":"#e5f2f9","eText":"Organismo%20que%20controla%20e%20dirixe%20un%20territorio%20e%20a%20s%C3%BAa%20poboaci%C3%B3n%2C%20organiza%20a%20vida%20das%20persoas.","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#e5f2f9","backcolorBk":"#002b4a","eTextBk":"Estado"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#002b4a","backcolor":"#e5f2f9","eText":"Lei%20m%C3%A1is%20importante%20dun%20pa%C3%ADs.","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#e5f2f9","backcolorBk":"#002b2f","eTextBk":"Constituci%C3%B3n"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#002b48","backcolor":"#e5f2f9","eText":"Estado%20no%20que%20o%20Xefe%20de%20Estado%20%C3%A9%20un%20rei%20ou%20unha%20ra%C3%AD%C3%B1a.","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#e5f2f9","backcolorBk":"#002b48","eTextBk":"Monarqu%C3%ADa"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#002b48","backcolor":"#e5f2f9","eText":"%20Estado%20no%20que%20o%20Xefe%20de%20Estado%20%C3%A9%20un%20presidente%20ou%20unha%20presidenta.","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#e5f2f9","backcolorBk":"#002b48","eTextBk":"Rep%C3%BAblica"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#002b48","backcolor":"#e5f2f9","eText":"Estado%20no%20que%20a%20cidadan%C3%ADa%20participa%20no%20seu%20goberno.","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#e5f2f9","backcolorBk":"#002b48","eTextBk":"Democracia"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#002b48","backcolor":"#e5f2f9","eText":"Estado%20no%20que%20o%20poder%20est%C3%A1%20en%20mans%20dunha%20persoa.","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#e5f2f9","backcolorBk":"#002b31","eTextBk":"Ditadura"},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"","audio":"","color":"#002b48","backcolor":"#e5f2f9","eText":"Unha%20das%20funci%C3%B3ns%20dos%20estados%20%C3%A9...","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#e5f2f9","backcolorBk":"#002b48","eTextBk":"Dar%20servizos"}],"isScorm":1,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":true,"textAfter":"","version":1.3,"percentajeCards":100,"type":2,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":3,"evaluation":false,"evaluationID":"","id":"2025105102418-120","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayAgain":"Xogar outra vez","msgPlayStart":"Prema aquí para xogar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgCool":"Xenial!","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Saír de pantalla completa","msgSuccesses":"Correcto! | Excelente! | Xenial! | Moi ben! | Perfecto!","msgFailures":"Non era iso! | Incorrecto! | Non é correcto! | Sentímolo! | Erro!","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Pódese realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgAudio":"Audio","msgPreviousCard":"Anterior","msgNextCard":"Seguinte","msgNumQuestions":"Número de cartas","msgTrue":"Verdadeiro","msgFalse":"Falso","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","mgsAllQuestions":"Preguntas completadas!","msgTrue1":"Correcto. Esa é a carta.","msgTrue2":"Incorrecto. Esa non é a carta.","msgFalse1":"Correcto. Esa non é a carta.","msgFalse2":"Incorrecto. Esa é a carta.","mgsClickCard":"Preme na carta","msgEndTime":"Rematou o tempo do xogo. A túa puntuación é de %s.","msgEnd":"Finalizar","msgEndGameM":"Remataches o xogo. A túa puntuación é %s.","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Cartas de memoria"}}
O navegador non é compatible con esta ferramenta.

Escolle ben o termo

Le, desprega, escolle e completa os enunciados.

De forma , os países crean organizacións para atopar a problemas comúns.

A é unha organización formada pola maioría dos países. despois da II Guerra Mundial e ten como principais manter a , defender os humanos e favorecer a internacional.


A é unha organización integrada por 27 países que traballan xuntos para facilitar a de persoas, bens, servizos, tecnoloxía e . Tamén busca resolver e fomentar a .

Activar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova xanela)