Glosario
Augas residuais
-
Definición:
Son as augas que xa foron usadas polas persoas, nas casas, nas fábricas ou nas granxas. Estas augas levan sucidade ou restos (como xabón, comida, produtos químicos, etc.) e precisan ser tratadas antes de volver á natureza.
-
Exemplo:
-
O río que atravesa a cidade está chea de augas residuais.
Capa de ozono
-
Definición:
-
Parte da atmosfera que contén grandes cantidades de ozono e permite a vida na Terra.
-
Exemplo:
-
Coidar a capa de ozono é fundamental para o noso futuro.
Chuvia aceda
-
Definición:
-
Auga precipitada que conten contaminantes de composición aceda.
-
Exemplo:
-
A chuvia aceda estragou o curso do río.
Deforestación
-
Definición:
-
Desaparición dos bosques debido á tala, incendios ou accións humanas e non se plantan de novo. Isto é un problema porque desaparecen os bosques, os animais quedan sen fogar e empobrece o chan.
-
Exemplo:
-
Os incendios provocan a deforestación dos montes.
Degradación da terra
-
Definición:
-
Cando o chan perde a súa calidade e deixa de ser útil para plantar, cultivar ou a vida animai. Isto ocorre por culpa da contaminación, da deforestación ou os malos usos da terra durante moito tempo.
-
Exemplo:
-
A terra que rodea o polígono industrial está moi degrada por mor das verteduras.
Desertización
-
Definición:
-
É o proceso no cal, unha zona que antes tiña vexetación (árbores, herba, plantas) se vai convertendo nun deserto, debido a falta de chuvia, da deforestación ou a acción humana.
-
Exemplo:
-
O sur da península Ibérica corre grave risco de desertización.
Smog
-
Definición:
-
Contaminación producida ao se mesturar fume con xofre ou nitróxeno -procedente dos emisores contaminantes que queiman combustibles fósiles- coa néboa natural.
-
Exemplo:
-
O smog en Londres desapareceu gracias as leis de aire limpo.
