Saltar navegación

3.2. Riscos Humanos: a destrución dos ecosistemas

Industria e contaminación

Fotografía de chimeneas contaminando á atmosfera

A contaminación está orixinada por mor das accións do ser humano, sobre todo no relacionado coa revolución industrial, xa que esta provocou a produción masiva de gases de efecto invernadoiro ou a explotación a grande escala das materias primas naturais.  Por exemplo, o tráfico ou as fábricas producen substancias perigosas para o ser humano. Estas substancias flotan no aire ou van parar ás augas e chans.

As verteduras industriais e urbanas sen depurar, o regadío intensivo con produtos fertilizantes, ou accidentes mariños como o Prestige en Galicia ou a explosión da planta petrolífera BP no Golfo de México, supoñen a contaminación das augas. Nuns casos, prodúcese en augas mariñas, ocasionando graves danos ambientais ao ecosistema.

Un proceso recente foi a contaminación das augas do Mar Menor, en Murcia, provocado pola concatenación de numerosos factores: o regadío intensivo nas súas inmediacións, a elevada edificación das súas costas e a ocorrencia de fortes precipitacións.

Lectura facilitada

A contaminación e as súas causas

A contaminación é causada polas accións das persoas. Comezou a aumentar coa Revolución Industrial, cando se empezaron a usar moitas máquinas e fábricas. Isto fixo que se producisen moitos gases que quentan o planeta e que se gastasen moitos recursos naturais.

Os coches e as fábricas soltan substancias perigosas que poden quedar no aire, na auga ou no chan, e iso é malo para as persoas e para os animais.

Tamén hai contaminación da auga. Isto pasa cando se botan vertidos das fábricas ou das cidades sen limpar, cando se usan moitos fertilizantes no campo ou cando hai accidentes, como o do barco Prestige en Galicia ou a explosión da planta de BP no Golfo de México. Estes problemas fan dano ao mar e aos seres vivos que viven nel.

Un exemplo máis recente é o do Mar Menor, en Murcia. As súas augas están contaminadas por varios motivos: o regadío excesivo nas súas proximidades, as moitas construcións na costa e as fortes choivas que arrastran sucidade cara ao mar.

A destrución dos ecosistemas

A destrución da biodiversidade  supón a alteración total ou parcial das condicións necesarias para que as plantas e os animais sobrevivan nun lugar determinado.

Deforestación en Indonesia co obxectivo de obter aceite para a industria da manteiga vexetalAs principais causas son:

  • Fragmentación, modificación e destrución de ecosistemas.
  • Deforestación pola tala indiscriminada e os incendios forestais.
  • Aumento de terras dedicadas á agricultura e gandería.
  • Expansión das áreas urbanas.
  • Sobreexplotación de recursos.
  • Introdución de especies exóticas.
  • Contaminación das augas.
  • Cambio climático.

Algunha das súas consecuencias son:

  • Desaparición de especies.
  • Perda de benestar do ser humano por afectar aos solos e a auga.
  • Aparición de pragas que afecten ás colleitas.
  • Aumento das emisións de CO₂.
  • Perigo de aparición de pandemias.

Fotografía da Pulguilla da patata

Lectura facilitada

A destrución da biodiversidade  impide que as plantas e os animais sobrevivan nun lugar determinado.

As principais causas son:

  • Destrución de ecosistemas.
  • Deforestación.
  • Crecemento das cidades.
  • Cambio climático.
  • Contaminación das augas.
  • Expansión da agricultura e a gandería.


Algunha das súas consecuencias son:

  • Desaparición de especies.
  • Pragas.
  • Pandemias.

Tarefa: Galicia en extinción

Abre esta  páxina. Nela atoparás moita información sobre a biodiversidade de Galicia. Debes atopar no panel esquerdo información sobre a fauna e flora de Galicia. A continuación elixe unha especie en Galicia en perigo de extinción (flora ou fauna). Explica por que está en perigo e as accións necesarias para tratar de revertir esa situación.

Aguia real

Erosión e destrución dos solos

Fotografía do Incendio no monte Galleiro

A erosión ou desgaste do solo é provocado por fenómenos naturais como a seca prolongada ou os procesos erosivos en pendentes acusadas asociados a chuvias torrenciais. Pero procesos antrópicos (provocados polos seres humanos) agravan o problema derivando en desertificación:

  • Deforestación.
  • Incendios forestais.
  • Sobrepastoreo.
  • Sobreexplotación de acuíferos.
  • Minería.
 

Lectura facilitada

A erosión é o desgaste do solo.

Causas naturais da erosión son as secas e as choivas torrenciais.

O ser humano tamén pode causar erosión:

  • Deforestación.
  • Incendios forestais.
  • Demasiado pastoreo.
  • Minería.
  • Sobreexplotación de acuíferos.

Tras un incendio

Consulta a seguinte ligazón e responde:

  1. Que é o helimulching?
  2. Que efecto dos incendios pretende paliar?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)