Agora ide a polo reto!
Para poder completalo correctamente, seguides esta secuencia:
- Coñecede ao alumnado do profesor Paco. Descubriredes quen son os alumnos e alumnas e como se desprazan desde as súas casas ata o instituto. Esta información será a base para analizar os traxectos.
- Calculade a pegada de carbono. Veredes unha táboa que vos axudará a calcular a pegada de carbono de cada medio de transporte. Con estes datos poderedes comparar distintos traxectos e alternativas.
- E resolvede o reto. Aplicaredes todo o aprendido para analizar, valorar e propoñer alternativas máis sostibles.
Lembrade, o proxecto final deberá responder, como mínimo, a unha das propostas e plasmar as conclusións no formato que prefirades (póster, presentación dixital ou arquivo multimedia).
Lectura facilitada
Para poder completar o reto,
seguide esta secuencia:
- Coñecede ao alumnado do profesor Paco.
- Calculade a pegada de carbono.
- E resolvede o reto.
Lembrade, o proxecto final deberá responder, como mínimo, a unha das propostas e
plasmar as conclusións no formato que prefirades:
- póster
- presentación dixital ou
- arquivo multimedia).
