Cal será a nosa estratexia?
Antes de iniciarnos na resolución do noso reto, debemos ir coñecendo os escenarios dos riscos ambientais -tanto naturais como antrópicos (de orixe humano)- e como afectan ao ser humano; que tipos de riscos hai, como as actividades humanas tamén afectan ao propio ser humano, e que tipo de materias primas e enerxías podemos explotar, así como as alternativas verdes coas que contamos. Para isto, percorreremos os seguintes apartados para ir recadando información de gran valor para a resolución do reto.
Para que todo salga segundo o noso plan, imos seguir os seguintes pasos:
- Coñecer os riscos naturais e os riscos antrópicos máis comúns no noso planeta, e as súas consecuencias.
- Identificar os principais escenarios onde se produce a degradación do medio ambiente, e así saber como actuar no noso reto.
- Aprender as materias primas máis vitais para o noso modo de vida e a súa importancia na nosa vida cotiá.
- Valorar as paisaxes e espazos protexidos de especial valor ambiental, e concienciarnos da súa importancia e conservación.
- Medir a implicación da nosa sociedade nas cinco erres -"5R"- como maneira de paliar o cambio climático e a contaminación do medio ambiente.
Finalmente, deberemos calcular a contaminación de cada un de nós na cidade con respecto á nosa mobilidade, operar accións que poidan modificar estas rutinas contaminantes e promover actividades alternativas que melloren a contaminación e degradación da paisaxe urbana galega. Para iso, faremos:
- Planificaremos, aplicaremos e melloraremos a mobilidade e os medios de transporte asociados para resolvelo reto proposto nas súas diferentes graduacións e conseguir unha mobilidade verde e eficiente.
- Valoraremos de xeito crítico as novas medidas e propostas contra o cambio climático e si son viables ou inviables, útiles ou non.
Lectura facilitada
Antes de comezar co reto,
coñecerás os riscos ambientais, naturais ou de orixe humana,
e como nos afectan.
Que tipos de riscos hai.
Como a actividade humana afecta ao propio ser humano.
Que tipo de materias primas e enerxías podemos explotar.
Con que enerxías alternativas ou verdes contamos.
Seguimos os seguintes pasos:
- Coñecer os riscos naturais e os riscos de orixe humana máis comúns no noso planeta. Coñecer as consecuencias destes riscos.
- Identificar os principais lugares onde se produce a degradación do medio ambiente.
- Aprender as materias primas que empregamos para o noso modo de vida.
- Valorar as paisaxes e espazos protexidos. Tomar conciencia da importancia e conservación das paisaxes e espazos protexidos.
- Medir a implicación da nosa sociedade nas cinco erres -"5R"- coma forma de loita contra o cambio climático e a contaminación do medio ambiente.
Ao final, debes calcular a contaminación de cada un de nós na cidade cando nos desprazamos.
Hai que realizar accións para mudar as rutinas contaminantes.
Hai que promover actividades que melloren a contaminación e degradación da paisaxe urbana galega.
Para todo isto:
- Realizarás un plan para acadar unha mobilidade verde e eficiente.
Audio
Apoyo visual
