Saltar navegación

3.1. Os riscos naturais

 

Glosario

Degradación da terra

Pictograma cultivar a terra

Definición:

Proceso no que o valor do medio ambiente se deteriora por causa de diferentes accións realizadas polas persoas que afectan directamente á terra.

Exemplo:

A terra que rodea o polígono industrial está moi degrada por mor das verteduras.

Desertización

Pictograma de paisaxe desértico

Definición:

Proceso no que o valor do medio ambiente perde o seu valor por mor das accións humanas que actúan sobre a terra.

Exemplo:

O sur da Península Ibérica corre grave risco de desertización.

Natureza

Pictograma de natureza

Definición:

É todo o que existe no mundo sen ser creado polas persoas, como os animais, as plantas, os ríos, as montañas, o mar e o aire. É o conxunto de seres vivos e elementos naturais que forman o noso planeta.

Exemplo:

Encántame ir á natureza a pasalo día.

Residuos

Pictograma de residuos

Definición:

Son os restos orixinados polas actividades humanas, tanto de tipo económico coma doméstico. Os residuos xeralmente non se poden reciclar e hai que almacenalos para despois eliminalos.

Exemplo:

A industria química xera unha grande cantidade de residuos.

Tipos de riscos

Hai determinados fenómenos naturais que, cando ocorren, poden causar danos importantes ás persoas ou ao entorno. Estes efectos poden incluír perdas económicas e mesmo a perda de vidas.

Cando estes fenómenos teñen unha orixe física (aínda que pode haber unha parte de responsabilidade humana), chámanse riscos naturais. Se veñen provocados directamente polas actividades humanas ou por tecnoloxías creadas por nós, entón fálase de riscos tecnolóxicos ou inducidos. Normalmente, os desastres naturais adoitan ser rápidos e intensos, aínda que tamén existen outros que van acontecendo pouco a pouco e que tamén poden danar moito o medio ambiente.

O impacto destes riscos naturais varía segundo a zona. En lugares con pouca xente ou con poucos perigos naturais, as perdas son pequenas ou case nulas. Pola contra, nas zonas costeiras, preto das grandes cidades ou en rexións con máis perigo, os danos poden ser moito maiores.

Entre os riscos máis perigosos están os que teñen que ver coa actividade da Terra, como os terremotos ou os volcáns. Aínda que estes fenómenos non son moi comúns en España, as inundacións si o son: ocorren en todo o país e son as que máis perdas económicas e danos causan, afectando a moitas persoas cada ano.

Outro gran problema son os incendios forestais, que poden aparecer en calquera parte de España. A maior parte deles son provocados polo ser humano, polo que se consideran riscos inducidos. Estes incendios non só supoñen un perigo para as persoas e as súas propiedades, senón que tamén destrúen a natureza e provocan danos a longo prazo, como a perda de solo fértil ou a erosión.

Cando se perde a vexetación e o solo queda desprotexido, pode cambiar a forma na que circula a auga, dando lugar ao proceso de desertización. Este fenómeno avanza de maneira lenta pero constante, e resulta moi difícil de reverter. É unha combinación de causas naturais e humanas que provoca unha grande degradación do medio ambiente.

Lectura facilitada

Hai fenómenos da natureza que poden facer dano ás persoas e ao lugar onde viven.
Ás veces poden causar mortes ou perdas de cartos.

Se estes fenómenos veñen da natureza, chámanse riscos naturais.
Se son causados polas persoas, chámanse riscos tecnolóxicos ou inducidos.

Os riscos naturais, como terremotos ou inundacións, ocorren de forma rápida.
Outros riscos son máis lentos, pero tamén perigosos, como a perda do solo ou das plantas.

Non todas as zonas sofren os mesmos riscos.
Hai lugares onde case non hai perigo.
Pero noutros, como nas costas ou nas grandes cidades, os danos poden ser moi grandes.

En España, os terremotos e os volcáns non son moi comúns.
Pero as inundacións son o risco máis frecuente e perigoso.
Pasan en moitos lugares e afectan a moitas persoas.

Outro problema importante son os incendios forestais.
Poden pasar en calquera parte de España.
A maioría son provocados polas persoas.
Por iso, considéranse un risco inducido.
Estes incendios causan dano ás persoas, á natureza e ao solo.

Cando se queiman os bosques e se perde o solo, pode empezar a desertización.
Isto quere dicir que a terra se volve seca e pobre.
É un problema grave que pasa pouco a pouco.
É difícil de parar e daniña moito o medio ambiente.

Os riscos naturais e a degradación dos espazos naturais

O ser humano convive con numerosos fenómenos naturais, xa que son impredecibles e non controlables doadamente. Para iso, nas sociedades modernas, xurdiron disciplinas que se encargan de vixiar e tratar de predicir algúns destes riscos naturais, como por exemplo a meteoroloxía. Segundo a súa orixe podémolos clasificar en:

Riscos naturais

Riscos naturais físicos:

Terremotos, maremotos e volcáns.

Riscos naturais meteorolóxicos:

Ciclóns, secas e inundacións.

A acción do ser humano

A degradación dos espazos naturais por mor do ser humano.



Tarefa

Sabes cantas zonas volcánicas hai en España?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)