Saltar navegación

5. Conclusión

Rematamos!

Imaxe do Planeta terra


Unha vez completamos o noso reto final, chega o momento de facer unha reflexión sobre todo o que aprendemos neste proceso. Posiblemente tralo traballo feito, comprendedes mellor os problemas que ten o noso planeta e sobre todo as nosas sociedades a causa da degradación do Medio Ambiente e a contaminación. Por iso, tamén deberedes ter novas ideas sobre a efectividade das medidas que os distintos gobernos e sociedades aplican para combater este enorme problema, e como afectan estas medidas á realidade que nos rodea.

Polo tanto chega o momento de obter as nosas conclusións e facer unha posta en común da viabilidade das solucións adoptadas, posto que tamén é importante que todo reto teña unha fase final de conclusións e valoracións.

Lectura facilitada

Xa remataches o reto final.

Chega o momento reflexionar sobre o aprendido no proceso.

De seguro comprendes mellor os problemas que ten o planeta e a sociedade.

Estes problemas débense á degradación do Medio Ambiente e a contaminación.

Debes ter novas ideas sobre a efectividade das medidas dos gobernos para combater o problema da degradación do Medio Ambiente.

Tamén debes ver como afectan as medidas á realidade que nos rodea.

Chega o momento de obter as conclusións finais.

Debedes facer unha posta en común das solucións adoptadas.

Que aprendiches?

Pedímosvos un derradeiro esforzo: o que aprendestes debe servirvos tanto para o presente, coma para visualizar os problemas e as posibles solucións que ocasionen os riscos naturais e humanos que sufre o planeta e as sociedades. 

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaNo voso diario de aprendizaxe podedes escribir:

  • As principais ideas que vos preocupan sobre o cambio climático e as súas consecuencias.

  • Reflexiona sobre a eficacia das medidas de reciclaxe e mobilidade propostas polos ODS 2030.

  • Pensa se realmente o que está en perigo é o planeta ou só o noso modo de vida como sociedades modernas e desenvolvidas.

Lectura facilitada

No voso diario de aprendizaxe podes escribir:

  • As principais ideas que vos preocupan sobre o cambio climático e as súas consecuencias.

  • Reflexiona sobre a eficacia das medidas de reciclaxe e mobilidade propostas polos ODS2030.

  • Pensa se realmente o que está en perigo é o planeta ou só o noso modo de vida.

Aprendizaxe cooperativo

Persoas traballando en equipo para acadar un obxectivo

Chega o momento da posta en común, para a cal cada grupo deberá facer unha pequena exposición das conclusións obtidas e dar a coñecer a súas valoracións e proposta ao resto dos grupos da aula. Para iso, podedes empregar diferentes formatos, segundo as indicacións que vos demos ao longo da unidade didáctica:  

  • Presentación dixital con apoio oral na aula mostrando os resultados obtidos.
  • Vídeo explicativo.
  • Mural físico ou interactivo.
  • Podcast.
  • Presentación oral dramatizada.

Por último, debes cubrir o bloque 5: Retos finais do teu diario de aprendizaxe para cada un dos traballos dos demais grupos.

Acadamos os obxectivos?

Pregunta

Ao longo da preparación deste reto descubrín que...

Respostas

Coñecía algunhas cousas sobre os riscos naturais e grazas a este traballo agora xa sei un pouco máis

Coñecía algunhas cousas sobre os riscos naturais e grazas a este traballo agora xa sei bastante máis.

Coñecía algunhas cousas sobre os riscos naturais e grazas a este traballo agora xa sei moitas cousas máis.

Retroalimentación

Pregunta

Grazas a estudar os riscos provocados polo ser humano coñecín que...

Respostas

Calquer feito natural, pode verse afectado polas accións do ser humano.

Fai falla unha equipa de gran variedade de investigadores e campos científicos para poder estudar en profundidade as causas e consecuencias do cambio climático.

Debemos previr e evitar a contaminación porque é o inicio de gran parte dos problemas do planeta. 

Retroalimentación

Pregunta

As materias primas son moi importantes para a economía e a industria mundial...

Respostas

As materias primas son básicas para a nosa alimentación, as fábricas e os comercios.

As fontes de enerxía están en pleno cambio, do uso masivo dos combustibles fósiles á aparición das enerxías verdes.

O consumo masivo e a sobreexplotación dos recursos é un reto que afecta hoxe a todo o planeta, non só aos países desenvolvidos.

Retroalimentación

Pregunta

Realizar o reto supuxo planificar e elaborar unha investigación rigorosa, esixe un grande esforzo e a colaboración de todo o grupo. Cal dirías que foi a túa parte preferida neste proceso?

Respostas

A investigación dos distintos tipos de enerxías, vehículos e transportes e os seus diferentes consumos e volume de contaminación... Aprendín tanto nesta fase!

A planificación da presentación, video, podcast ou exposición na aula. Pensar e expresar os nosos coñecementos foi fantástico!

A divulgación do noso traballo de investigación! Deixamos a todos e todas sorprendidos cos nosos achádegos. 

Retroalimentación

Pregunta

O noso traballo de investigación non só nos permitiu aprender senón tamén ensinar aos demais. O alcance da nosa exposición fixo que mellorase o coñecemento de Roma e do Imperio Romano...

Respostas

No alumnado da nosa clase

En todo o alumnado de 1º da ESO

En tódala comunidade educativa do noso centro: alumnado, profesorado, persoal...

Retroalimentación

Que pensades vós?

Diana valoración
Diana valoración

Para saber cal é a valoración de todos e todas vós, sobre os materiais e exposicións confeccionados polos vosos compañeiros sobre o reto de como salvar Un planeta en apuros! chegando ao voso instituto contaminando o menos posible, e tamén dos e das que participaron na consecución deste reto, cubriredes a seguinte diana de valoración.

Atentos/as ás indicacións do profesor Paco ao repartir estas dianas. 

Tranquilidade, non poñen nota!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)