3.3. Recursos naturais, materias primas e fontes de enerxía
Glosario
Biodiésel
Definición:
É un combustible renovable que se obtén a partir de aceites vexetais (como o de soia ou xirasol) ou graxas animais. Pódese usar en motores diésel, e ao ser de orixe natural, produce menos contaminación que os combustibles feitos con petróleo.
Exemplo:
O etanol contamina moi pouco.
Consumo responsable
Definición:
Cambio nos hábitos de consumo dunha sociedade, pensando no medio ambiente, na sociedade e no futuro. Significa non malgastar, escoller produtos sostibles, e reducir a contaminación, para coidar o planeta e ás persoas e a igualdade social.
Exemplo:
A miña familia fai unha compra semanal para consumir de xeito responsable.
Cultivo transxénico
Definición:
É un cultivo modificado polos científicos para que teña características especiais, como resistir a insectos ou medrar mellor, modificando os seus xenes.
Exemplo:
Os cultivos transxénicos son moi polémicos.
Desenvolvemento sostible
Definición:
É un xeito de crecer e vivir que satisfacendo as necesidades das persoas de hoxe sen prexudicar o medio ambiente nin esgotar os recursos para as persoas do futuro
Exemplo:
O desenvolvemento sostible beneficia á natureza.
Etanol
Definición:
Trátase dun líquido obtido mediante a fermentación de materiais ricos en carbohidratos, como a cana de azucre e o millo, e adoita empregarse como complemento para a gasolina ou o diésel.
Exemplo:
O etanol contamina moi pouco.
Gases de efecto invernadoiro
Definición:
Gases que existen na atmosfera da Terra e que absorben e emiten radiación infravermella, fundamentalmente o vapor de auga, o dióxido de carbono, o metano, o óxido nitroso e o ozono.
Exemplo:
Os gases de efecto invernadoiro son moi nocivos para nós.
Unha breve introdución
Os recursos naturais son todos aqueles elementos que se atopan nun medio non modificado polo ser humano.
Polo tanto, os animais, as plantas, as árbores, o solo para cultivalas, os minerais, a auga, o vento, o sol, o petróleo, o carbón, o ouro, o gas natural.... son recursos naturais.
Divídense en:
Materias primas: Son os materiais que sacamos da natureza e que usamos para facer produtos nas fábricas. Por exemplo, a madeira para facer mobles ou o mineral para fabricar metais.
Fontes de enerxía: Son recursos naturais que usamos para crear enerxía e facer funcionar as máquinas, os coches, as fábricas e as nosas casas. Por exemplo, o sol, o vento, o petróleo ou a auga dos ríos.
Dentro dos recursos naturais inclúense:
Aquí tes varios exemplos para que che axuden a diferenciar ámbolos conceptos:
Fabricación de papel
Para facer unha tonelada de papel requírense 17 árbores=materia prima
A madeira das árbores córtase, branquéase, prénsase e sécase nas fábricas con máquinas que se accionan co carbón, petróleo, gas natural... =fontes de enerxía
Das fábricas saen papeis, cartóns..., produtos xa elaborados.
Fabricación de vidro
Para producir unha tonelada de vidro, requírense 1,7 toneladas de area, soda e pedra calcaria=materia prima
A mestura fúndese nuns fornos industriais a unha temperatura próxima aos 1.500 °C, que se alcanza coa combustión de petróleo, gas natural... =fontes de enerxía
Das fábricas saen botellas, envases... xa elaborados.
Fabricación de plástico
Para producir unha tonelada de botellas de plástico, requírense aprox. 17 barriles de petróleo=materia prima
O petróleo mestúrase con outros compoñentes que son moldeados en máquinas que precisan enerxía térmica e mecánica=fontes de enerxía
Das fábricas saen botellas, envases... xa elaborados.
Na actualidade, sería impensable vivir sen enerxía, pois só hai que imaxinar que non usásemos transporte algún, sen móbil, sen lumes de cociña, sen calefacción etc., pero a enerxía non xorde da nada, non é gratuíta (aínda que nos pareza, xa que aproximadamente só 2 € ao día é o prezo aproximado que nos separa da Idade Media ou dos tempos nos que dependiamos de fachos para facer fronte ás horas sen luz solar), infinita nin perfecta, por iso, é importante empregar a enerxía de forma máis eficiente, sen perder poder enerxético, pero aforrando recursos, consumindo con responsabilidade, reducindo a contaminación e favorecendo un desenvolvemento sostible.
Para conseguir un desenvolvemento sostible que axude a que as próximas xeracións tamén poidan cubrir as súas necesidades, a Organización das Nacións Unidas (ONU) creou unha lista de metas chamadas Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Estes obxectivos buscan que usemos enerxía renovable, aproveitemos mellor os recursos, a concienciación sobre o consumo responsable e o coidado do medio ambiente son os retos para o futuro.
Mitigar, é dicir, reducir ao máximo as prácticas que contribúen ao cambio climático, é preciso e urxente, e tamén adaptar, en primeiro lugar, a nosa economía, descarbonizándoa, deixando de subsidiala con axudas públicas e investindo en enerxías renovables. Debemos tamén incrementar a eficiencia enerxética, cambiar patróns de consumo baseados na cultura de "comprar, usar e tirar" e impulsar un consumoresponsable.
Só a concienciación cidadá sobre a importancia destes asuntos pode cristalizar nunha opinión pública forte que acabe xerando cambios sociais, económicos e políticos significativos.
Lectura facilitada
Os recursos naturais son os elementos que se atopan nun medio non modificado polo ser humano.
As materias primas e as fontes de enerxía son recursos naturais.
As materias primas son elementos que atopamos na natureza necesarios para a elaboración dos produtos industriais.
As fontes de enerxía utilízanse para producir a forza necesaria
para facer funcionar as industrias, os transportes e as nosas casas.
Os minerais, as árbores e os animais son exemplos de materias primas.
O petróleo, o carbón e o vento son exemplos de fontes de enerxía.
Audio
As materias primas
As materias primas clasifícanse en dous grandes grupos dependendo:
1. Da súa orixe
1. Orixe animal:
Obtéñense de animais, como por exemplo a la (obtense da ovella), a seda (obtense do verme de seda), as peles (obtense da vaca, da cabra, do réptil...).
Relación de materias primas / produtos elaborados e animais dos que se obteñen
ANIMAIS
MATERIAS PRIMAS/PRODUTOS ELABORADOS
2. Orixe vexetal:
Obtéñense das plantas, mediante a recolección de por exemplo, o algodón (colectase da planta do algodón), o liño (da planta do liño), a madeira (das árbores), a cortiza (da cortiza da sobreira), etc.
Relación de materias primas / produtos elaborados e especies vexetais das que se obteñen
VEXETAIS
MATERIAS PRIMAS/PRODUTOS ELABORADOS
3. Orixe mineral:
Extráense de canteiras, minas ou pozos. Son de orixe mineral a area, o mármore, o mineral de ferro, o mineral de cobre, o petróleo, a lousa, etc.
Relación de materias primas / produtos elaborados e minerais dos que se obteñen
MINERAIS
MATERIAS PRIMAS/PRODUTOS ELABORADOS
2. Do seu ritmo de restauración
Renovables:
Son aquelas cuxa capacidade de produción é igual ou superior á velocidade de consumo.
Poden ser de renovación rápida (p.ex. colleita agraria anual) ou lenta (cando se tala un bosque).
Algunhas son incluso perpetuas e non corren perigo de esgotarse a longo prazo, como por exemplo a radiación solar (o sol esgotarase dentro de millóns de anos, pero ningún ser humano poderá velo, xa que antes aumentará de temperatura facendo a Terra inhabitable), as mareas, o vento ou a enerxía hidráulica.
Estes recursos renovables son fontes de enerxía inesgotables e relativamente limpas cun baixo-medio impacto ambiental.
Non renovables:
Os recursos non renovables son aqueles que tardaron millóns de anos en crearse, a partir de restos de seres vivos, sometidos a presión e calor. Estes recursos están en cantidades limitadas e a natureza non pode crealos de novo nun tempo curto.
Exemplos destes recursos son o petróleo, os minerais, os metais, o gas natural e as reservas de auga subterránea que non se renovan se están encerradas e sen que chegue máis auga. Cando se esgotan, non poden recuperarse.
Actualmente, estes recursos son os que proporcionan sobre o 80% de toda a enerxía que se emprega no mundo. Pero cando se queiman, liberan gases como o dióxido de carbono, que atrapan a calor na atmosfera e provocan o que chamamos efecto invernadoiro. Isto é o que causa o quentamento global e o cambio climático…
A aceleración do quecemento global e a contaminación fixo necesario tomar medidas a nivel mundial para frear o cambio climático, o que levou á celebración de cumios mundiais do clima, destacando:
-Protocolo de Kioto (1997): entrou en vigor no ano 2005, e nel os países desenvolvidos se propuxeron como meta reducir a produción dos gases de efecto invernadoiro (GEI) nun 5% entre 2008 e 2012.
-Acordo de París (2016): descarta rebaixar a temperatura e confórmase con que o incremento da mesma a nivel global quede reducido a 2ºC sobre os niveis preindustriais, e idealmente a 1,5 °C, tal e como piden os científicos.
-28ª Conferencia das Partes -COP 28- (2023): celebrada pola ONU en Dubai, acordouse alcanzar emisións netas cero para o 2050 triplicando a capacidade das enerxías renovables.
Lectura facilitada
Clasificación das materias primas
As materias primas son os materiais que sacamos da natureza para facer produtos. Pódense clasificar segundo dous criterios:
Segundo a súa orixe:
De orixe animal: Veñen dos animais. Exemplos:
La (das ovellas)
Seda (dos vermes de seda)
Peles (das vacas ou cabras)
De orixe vexetal: Veñen das plantas. Exemplos:
Algodón (da planta do algodón)
Liño (da planta do liño)
Madeira (das árbores)
De orixe mineral: Proveñen da terra, de minas ou canteiras. Exemplos:
Area
Mármore
Mineral de ferro
Petróleo
Segundo o ritmo de restauración (é dicir, o tempo que tardan en recuperarse)
Renovables: Pódense rexenerar rápido, igual ou máis rápido do que as usamos.
Exemplo: madeira, algodón, auga (cando chove), enerxía solar.
Non renovables: Tardan millóns de anos en formarse. Cando se esgotan, non se poden recuperar facilmente.
Exemplos: petróleo, carbón, gas natural, minerais.
Audio
2. As fontes de enerxia
Como xa expuxemos, son os recursos naturais usamos para xerar forza ou electricidade, e así facer funcionar máquinas, transportes, fábricas e tamén as nosas casas.. Segundo a súa importancia económica, podemos distinguir entre:
-Enerxías tradicionais:
Son as máis utilizadas na actualidade, representan case o 90 % do consumo mundial e máis do 80 % das necesidades enerxéticas de España. Entre elas destacan o carbón (responsable do 40 % da enerxía producida no planeta), o petróleo e os seus derivados (como a gasolina e o gasóleo), o gas natural e a enerxía nuclear.
Estas fontes permiten obter electricidade, calor e enerxía para o transporte, (pensa que quizais a gasolina do autobús ou coche que te leva ao colexio foi no seu día un dinosauro!!!). Ademais de ser fundamentais nos procesos industriais para fabricar produtos como aceiro ou plásticos.
Con todo, o seu uso xeneralizado presenta serios inconvenientes:
Só se aproveita arredor do 30 % da enerxía que se xera a partir destas fontes.
Son as principais responsables do quecemento global e do cambio climático, xa que durante a súa combustión emiten aproximadamente o 75 % dos gases de efecto invernadoiro e o 90 % das emisións de dióxido de carbono (CO₂), os cales reteñen o calor na atmosfera e alteran o equilibrio climático do planeta.
-Enerxías alternativas:
Energías alternativas ou renovables As enerxías alternativas son aquelas que non veñen do petróleo e outras fontes non renovables. Son inagotables a curto prazo e contaminan moito menos, polo que tamén se lles chama enerxías limpas ou verdes. Algúns exemplos son: a enerxía solar, a enerxía eólica, a biomasa, a mareomotriz, a xeotérmica ....
Estas fontes son mellores que as tradicionais porque non esgotan os recursos naturais e respectan máis o medio ambiente. Pero iso non quere dicir que sexan perfectas.
Por exemplo, a enerxía solar é moi limpa mentres se usa, pero fabricar os paneis solares (de silicio) pode contaminar e consumir moita enerxía. Tamén as centrais hidroeléctricas, aínda que producen moita enerxía sen gastar combustibles, modifican o entorno natural, xa que cambian o curso dos ríos.
España é un dos líderes europeos no desenvolvemento e uso de enerxías renovables, investiu moito diñeiro en tecnoloxía eólica e solar e converteuse nun dos principais produtores de Europa. No ano 2021, o 47% da enerxía eléctrica que se producía en España era renovable, e as enerxías renovables representaron o 16,5% do consumo de enerxía primaria.
Lectura facilitada
As fontes de enerxía son os recursos naturais que usamos para xerar forza ou electricidade.
Segundo a súa importancia na economía, hai dous tipos principais:
1. Enerxías tradicionais (non renovables) Son as que máis se usan hoxe en día no mundo.Representan:
O 90 % da enerxía mundial Máis do 80 % da enerxía en España Exemplos: carbón (xera o 40 % da enerxía do planeta), petróleo e derivados (como gasolina e gasóleo), gas natural, enerxía nuclear....
Problemas das enerxías tradicionais:
Só se aproveita o 30 % da enerxía que xeran (moita pérdese).
Contaminan moito:
Producen o 75 % dos gases de efecto invernadoiro
E o 90 % do dióxido de carbono (CO₂) Estes gases reteñen o calor na atmosfera que provocan o quecemento global e cambio climático.
2. Enerxías alternativas ou renovables. Son fontes de enerxía que:
Non veñen do petróleo
Non se esgotan facilmente
Contaminan menos. Por iso tamén se chaman enerxías verdes ou limpas. Exemplos: solar (sol), eólica (vento), biomasa (materia orgánica), mareomotriz (ondas e mareas), xeotérmica (calor do interior da Terra)
Vantaxes:
Non gastan os recursos da natureza
Son máis respectuosas co medio ambiente
Inconvenientes:
Fabricar os paneis solares contamina e consome moita enerxía.
As centrais hidroeléctricas cambian os ríos e o entorno natural. España e as enerxías renovables. España é un dos países europeos que máis usa enerxías renovables. O 47 % da electricidade en España era renovable, e as enerxías renovables representaban o 16,5 % do consumo total.
Audio
Para saber máis dos principais tipos de enerxías tradicionais
1ª posición: petróleo
Petróleo cru nun matraz
Consumo mundial no ano 2023
32% (Fonte: Statistical Review of World Energy).
Consumo en España no ano 2021
42,4% (Fonte: Miteco e elaboración APPA Renovables).
Como é?
O petróleo cru é un líquido oleoso cpmposto principalmente por carbono e hidróxeno. Adoita ter cor negra, aínda que pode presentar diferentes tons e viscosidades segundo a súa composición química.
Cando se formou?
Gran parte del formouse no período Mesozoico, hai entre 252 e 66 millóns de anos, cando o plancto, as algas e outros restos orgánicos se afundiron no fondo dos antigos mares. Alí ficaron enterrados e foron descompoñéndose pouco a pouco pola falta de osíxeno.
Como se extrae?
O cru quedou aloxado a gran profundidade no subsolo da terra e do mar, e para extraelo hai que perforar pozos.
Cales son os principais países productores?
Estados Unidos, Arabia Saudí, Rusia e Canadá, e xuntos representan máis do 40 % da subministración mundial.
Cales son os principais países consumidores?
Estados Unidos, China e India.
Cales son os seus principais usos?
Unha vez destilado, serve de combustible no transporte (gasolina e diésel), nas industrias, calefacción e iluminación, e con el fabrícanse lubricantes, plásticos e outros subproductos da industria petroquímica.
Por que é tan prexudicial?
O uso do petróleo xera case a metade das emisións de carbono nos Estados Unidos e aproximadamente un terzo das emisións mundiais. Ademais da contaminación do aire producida ao queimalo, a súa extracción e transporte causaron graves accidentes, como a vertedura do Prestige en 2002, ademais de miles de incidentes en oleodutos.
2ª posición: carbón
Traballador sostendo un anaco de carbón fronte a unha central eléctrica de carbón nos Países Baixos
Consumo mundial no ano 2023
27% (Fonte: Statistical Review of World Energy).
Consumo en España
3,4% (Fonte: Miteco e elaboración APPA Renovables).
Como é?
Roca sedimentaria desmenuzable ou dura de cor negra ou marrón.
Cando se formou?
Durante o período Carbonífero, hai entre 300 e 360 millóns de anos, as algas e os restos vexetais dos bosques pantanosos fóronse afundindo pouco a pouco baixo as capas de barro, quedando enterrados a gran profundidade.
Como se extrae?
Con métodos superficiais e subterráneos.
Cales son os principais países productores?
China, India, Indonesia e Estados Unidos.
Cales son os principais países consumidores?
China, India e Estados Unidos.
Cales son os seus principais usos?
Para producir electricidadenas centrais térmicas e para usos domésticos.
Por que é tan prexudicial?
O dióxido de carbono xerado pola queima do carbón supón arredor do 44 % das emisións mundiais e constitúe a principal causa do aumento da temperatura global por enriba dos niveis preindustriais.
3ª posición: gas natural
Gas natural ardendo nunha chama azul brillante
Consumo mundial no ano 2023
23% (Fonte: Statistical Review of World Energy).
Consumo en España
25% (Fonte: Miteco e elaboración APPA Renovables).
Como é?
Un gas inodoro composto por propano, butano e principalmente metano.
Cando se formou?
Fai millóns de anos a partir de materia vexetal e organismos en descomposición en condicións de falta de osíxeno e altas temperaturas.
Como se extrae?
Perforando pozos en depósitos subterráneos que poden estar situados tanto en terra firme como baixo os mares.
Cales son os principais países productores?
Estados Unidos, Rusia, Irán e China.
Cales son os principais países consumidores?
Estados Unidos, Rusia, Irán e China.
Cales son os seus principais usos?
Calefacción, xeración de electricidade, combustible para vehículos, buques e transporte marítimo.
Por que é tan prexudicial?
O gas natural contamina menos que o carbón e o petróleo no referente ás emisións, pero aínda así xera arredor dunha quinta parte das emisións mundiais. A isto hai que engadir as chamadas emisións fuxitivas, que son as que se escapan accidentalmente da industria.
4ª posición: enerxía nuclear
Central Nuclear de Cofrentes (Valencia)
Consumo mundial no ano 2023
4% (Fonte: Statistical Review of World Energy).
Consumo en España
12,6% (Fonte: Miteco e elaboración APPA Renovables).
Como é?
Enerxía procedente de reaccións nucleares, ou da desintegración dalgúns átomos, como consecuencia da liberación da enerxía almacenada nos seus núcleos.
Como se produce?
Nunha central nuclear a calor producida nun reactor grazas á fisión do uranio quenta auga ata xerar vapor que acciona unha turbina axustada a un xerador eléctrico que transforma a enerxía mecánica en enerxía eléctrica.
Cales son os principais países productores?
Estados Unidos, China, Francia e Rusia.
Cales son os principais países consumidores?
Estados Unidos, China e Francia.
Cales son os seus principais usos?
Producir electricidade, armas atómicas, realizar diagnósticos médicos, desenvolver tratamentos terapéuticos, esterilizar numerosos produtos médicos, caso das xiringas refugables.
Por que é tan prexudicial?
Non emite gases contaminantes, só vapor de auga, pero o uranio que quenta esa auga é moi radioactivo, ademais de ser unha materia prima non renovable e que se procede nuns poucos países no mundo. Por exemplo, Francia está construíndo un almacén a proba de glaciacións e terremotos a 500 metros baixo terra onde se almacenarán residuos que seguirán sendo radioactivos un millón de anos.
Para saber máis das fontes de enerxía renovables
1. Enerxía solar:
Cal é a súa materia prima?
O sol, que irradia calor (termosolar) e luz(fotovoltaica) a todo o Sistema Solar.
Como e onde se obtén?
Nunha central solar grazas a conversión realizada por celas fotovoltaicas, compostas de silicio. Este material ten a propiedade de producir corrente eléctrica cando é sometido á radiación solar.
Principais ventaxas
1. Nos últimos anos o seu prezo reduciuse e xa compite coa electricidade tradicional.
2. Estímase que no ano 2030 poderá abastecer a dous terzos da poboación mundial.
Principais inconvintes
1. Fonte intermitente, xa que depende do clima e do númerode horas de sol ó ano.
2. Baixa eficiencia enerxética que contrasta co enorme tamaño que precisa unha central solar.
3. Non se pode almacenar.
4. Xenéranse moitas emisións na súa fabricación.
Principais países produtores
China, Brasil, Estados Unidos, Canadá.
2. Enerxía hidráulica:
Cal é a súa materia prima?
A auga.
Como e onde se obtén?
A auga é retida a gran altura en encorosou pantanos, cando se deixa caer a un nivel inferior, esta enerxía convértese en enerxía cinética que move as pas dunhas turbinas, e estas logo fan virar un xerador nunha central hidroeléctrica.
Principais ventaxas
1. A súa produción é flexible.A auga é fácil de almacenar nos encoros, que se pode ir liberando segundo as necesidades.
2. Non xera residuos tóxicos.
Principais inconvintes
1. A construción dunha central hidroeléctrica é custosa e precísanse grandes tendidos eléctricos.
2. Depende das variacións de chuvia e das secas provocadas polo cambio climático.
3. Gran impacto medioambiental (deforestación, cambios nos ecosistemas, diminución do caudal do río, alteran a calidade das augas...) e social (p.e. para construír a Presa das Tres Gargantas, China desprazou a máis dun millón de persoas).
Principais países produtores
China, Estados Unidos, Xapón e Alemaña.
3. Enerxía eólica:
Cal é a súa materia prima?
O vento.
Como e onde se obtén?
Nas centrais eólicas, onde unhas turbinas converten o movemento das pás dun muíño/aeroxerador movido polo vento (enerxía cinética) en enerxía eléctrica.
Principais ventaxas
1. Fonte de enerxía inesgotable, e unha vez feita a instalación, gratuíta.
2. Ó non existir combustión non provoca chuvia ácida, non contribue ó efecto invernadoiro, non destrúe a capa de ozono e non xera residuos.
Principais inconvintes
1. Precisa unha gran inversión inicial e moito espazo para instalar a infraestrutura.
2. Provoca contaminación acústica e visual, pois as turbinas eólicas poden ser ruidosas cando están en funcionamento, prexudicando a migración das aves ou dos morcegos.
3. Fonte de enerxía intermitente, xa que depende da regularidade dos ventos e da súa velicidade, polo que é preciso outra fonte de enerxía alternativa.
Principais países produtores
China, Estados Unidos, Alemaña, India e España.
4. Enerxía xeotérmica:
Cal é a súa materia prima?
A calor contida no interior da Terra.
Como e onde se obtén?
Nunha planta de enerxía xeotérmica onde se aproveita a calor que procede da auga e do vapor que sae do interior da terra. Ó ascender producen géiseres, fumarolas ou fontes termais empregados para a calefacción desde a época dos romanos. Son un gran recurso, xa que hai depósitos que alcanzan temperaturas de entre 100 e 150 graos Celsius.
Principais ventaxas
1. Fonte de enerxía que non contamina e é moi abundante.
2. Notable eficiencia enerxética, poden converter en electricidade preto do 90% da enerxía que procede do calor da terra e precisan moito menos terreo que outras fontes renovables.
Principais inconvintes
1. Aínda que a fonte de enerxía é gratuíta, os gastos de escavación e mantemento dos pozos xeotérmicos poden ser considerables.
2. Os materiais de sondeo tamén sofren corrosión, xa que o vapor de auga arrastra sales do interior da terra.
3. É custosolocalizar xacementos xeotérmicos rendibles, debido á impredicible localización das reservas de auga quente na terra.
4. As construción de centrais xeotérmicas pode afectar ós ecosistemas locais ou hábitats de animais.
Principais países produtores
Estados Unidos, Indonesia, Filipinas.
5. Enerxía mareomotriz:
Cal é a súa materia prima?
A auga e o seu movemento provocado pola pleamar (ascenso do mar) e a baixamar (descenso do mar) provocadas polas mareas, así como polas ondas que se xeneran na lámina de auga superior do mar polo efecto do vento sobre ela.
Como e onde se obtén?
Para aproveitar a enerxía das mareas, constrúense diques con turbinas na súa base, xeralmente en estuarios de ríos ou baías. O encoro que se forma ao levantar o dique énchese e baléirase co movemento das mareas, e o paso da auga fai xirar as turbinas, que producen electricidade.
Principais ventaxas
1. Alta eficiencia enerxética.
2. Dispoñible todo o ano, pódese predecir e planificar, o que facilita a integración na rede eléctrica.
Principais inconvintes
1. A construción dunha central mareomotriz esixe miles de millóns de euros en inversión e mantemento.
2. Só é factible en áreas costeiras con mareas e correntes mariñas fortes.
3. Impacto medioambiental nas plantas e animais, produce corrementos do leito mariño e tamén repercute negativamente na calidade e salinidade da auga.
4. Obstaculiza a navegación e provoca contaminación acústica e visual.
Principais páíses productores
Corea del Sur, Francia, Canadá.
6. Biomasa:
Cal é a súa materia prima?
Materia orgánica presente nos residuos agrícolas (podas de cultivos), forestais (limpeza de montes), industriais e urbanos, coma o lixo doméstico.
É a fonte de enerxía máis asociada ás orixes da humanidade desde a invención do lume hai 800.000 anos.
Como e onde se obtén?
Emprégase para producir bioenerxía (calor, electricidade e biocarburantes) mediante procesos termoquímicos e biolóxicos como son o aplastamento ou a combustión directa. Pódese usar tanto no ámbito doméstico polo seu poder calorífico, como en instalacións industriais.
Neste último caso, os restos de madeira empréganse como combustible para quentar uns conductos cheos de agua. A auga convértese en vapor que fai mover unha turbina conectada a un xerador eléctrico. A enerxía cinética da turbina transfórmase en electricidade.
Principais ventaxas
1. Capacidade de transformar residuos –foco de emisións, plagas e incendios- en recursos enerxéticos e bioprodutos (as cinzas aprovéitanse como fertilizantes).
2. Diminue o risco de incendios nos bosques.
Principais inconvintes
1. O seu rendemento é baixo, xa que para procesar os cultivos requírese unha cantidade significativa de enerxía previa.
2. Se a biomasa non procede dunha xestión sostible, provoca gran impacto medioambiental, xa que:
-tálanse bosques para o cultivo que deixan de absorber o dióxido de carbono da atmosfera, e ese CO2 contido na propia madeira é emitido á atmosfera.
-a produción e o transporte do combustible tamén supoñen unhas cantidades considerables de contaminación.
-empréganse cultivos transxénicos con maior contido en azúcares (para obter bioetanol) e aceites (para obter biodiesel).
3. As caldeiras tamén emiten gases que aumentan o efecto invernadoiro.
Principais países productores
Brasil, Estados Unidos, China.
7. Biogás:
Cal é a súa materia prima?
Residuos sólidos da industria, gandería e mesmo augas residuais.
Como e onde se obtén?
É preciso un biodixestor, onde se introduce o esterco ou o lixo orgánico do fogar e unha bacteria ferméntaos producindo enerxía en forma de gas metano, dióxido de carbono, hidróxeno e osíxeno.
Principais ventaxas
1. Alta capacidade calorífica (1 metro cúbico proporciona 6 horas de electricidade).
2. Reciclaresiduos orgánicose evita o seu traslado a vertedoiros.
3. Os residuos da fermentación son un eficaz fertilizante ecolóxico.
4. Reduce a emisión de malos olores, xa que non hai osíxeno na fermentación.
Principais inconvintes
1. Precisa unha gran inversión inicial e moito espazo para instalar a infraestrutura.
2. Os accidentes, como fugas de biogás non controladas, poden contribuír ao quecemento global.
3. Unha mala xestión do dixestato pode contaminar a auga e o chan.
Principais países productores
Brasil, Indonesia, China.
8. Hidróxeno:
Cal é a súa materia prima?
O hidróxeno, xa que permite almacenar a enerxía que foi producida previamente por outras fontes primarias. É o elemento químico máis lixeiro que existe e atópase en estado gasoso, e é insípido, incoloro e inodoro.
Como e onde se obtén?
Con auga e electricidade a través dun proceso químico chamado electrólisis, que separa as moléculas de osíxeno das de hidróxeno. Esta enerxía eléctrica queda acumulada como enerxía química na molécula de hidróxeno, e esta se pode almacenar e usar despois.
Principais ventaxas
1. O hidróxeno é o elemento máis numeroso do universo.
2. É capaz de almacenar enerxía para, posteriormente, ser liberada de forma gradual cando sexa requirida.
3. Resulta adecuado para descarbonizar as industrias intensivas en enerxía (transporte pesado de longa distancia, transporte marítimo, transporte ferroviario ou aviación) e procesos de alta temperatura.
4. Se se xera a partir de fontes renovables (solar, eólica, hidráulica), dá lugar ao denominado hidróxeno verde, é dicir, limpo.
5. Se se abarata o prezo das enerxías renovables, sería a alternativa enerxética máis sostible do mercado.
6. Actualmente estase investigando na creación de pilas de hidróxeno para o motor dos coches e os autobuses en Europa (a súa duración é tres veces superior ás de litio que empregan os vehículos eléctricos).
Principais inconvintes
1. É complicado atopar xacementos de hidróxeno 100% limpo na Terra, xa que non se atopa de forma illada na natureza.
2. Se se produce a partir do petróleo, gas natural ou carbón (fontes de enerxía tradicionais non renovables), xera emisións contaminantes.
3. É difícil de transportar, existe perigo de fuga e dana as tuberías polas que circula.