Glosario
Cambio climático
-
Definición:
-
É unha variación notable nas características climáticas a nivel global, que pode ser causada tanto por factores naturais como por actividades humanas, como a modificación da composición atmosférica.
-
Exemplo:
-
O cambio climático aumenta o risco de inundacións, tormentas, secas e ondas de calor.
Dióxido de Carbono
-
Definición:
-
É un gas que está no aire e que todos os seres vivos producen ao respirar. Tamén o botan os coches, as fábricas e ao queimar cousas como a madeira ou o carbón. As plantas necesitan o CO₂ para facer a fotosíntese e vivir, pero se hai demasiado na atmosfera, pode cambiar o clima da Terra.
-
Exemplo:
-
Hai moito dióxido de carbono saíndo das chemineas das fábricas.
ODS 2030
-
Definición:
-
Os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS) son uns acordos da ONU de 2015 que deben ser acadados en 2030 e que pretenden obter unha resposta de todo o planeta fronte á crecente pobreza, para empoderar ás mulleres e nenas, e para facer fronte á emerxencia climática.
-
Exemplo:
-
Ter en conta a nosa pegada de carbono indícanos se temos bos hábitos ecolóxicos.
Pegada de carbono
-
Definición:
-
É a medición dos gases contaminantes que agravan o efecto invernadoiro, sexan emitidos por unha persoa ou corporación.
-
Exemplo:
-
Ter en conta a nosa pegada de carbono indícanos se temos bos hábitos ecolóxicos.
Quecemento global
-
Definición:
-
É o aumento da temperatura media do planeta. Está causado, en parte, pola contaminación e polos gases que botan os coches, as fábricas e outras actividades humanas. Este quecemento pode facer que cambie o clima, que se derrita o xeo dos polos e que haxa máis secas ou chuvias fortes.
-
Exemplo:
-
O quecemento global provoca o desxeo das zonas polares.



