Saltar navegación

Diario de aprendizaxe

Para que usamos o diario de aprendizaxe?

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaO diario de aprendizaxe é o espazo no que recollerás as experiencias vividas, tanto dentro como fora da aula, relacionadas co proceso de aprendizaxe ao longo do reto. Co seu uso desenvolverás a túa autonomía e capacidade para reflexionar e aprender a aprender.
 
Deberás cubrilo segundo as indicacións da túa mestra ou mestre. Co diario de aprendizaxe avaliarás o teu progreso no reto, polo que é individual. Non obstante, contén algunhas actividades para facer soa ou só e outras en colaboración co teu equipo. Axudarache a avaliarte a ti,  a compartir información cos teus compañeiras e compañeiros do grupo e a lograr o reto proposto. 

O primeiro ficheiro anexo é para descargar e poder escribir nel.

Cada vez que cubras algo lembra gardalo.

Para gardalo segue este exemplo:

NOME_APELIDO_CURSO_EDUCACIONPLASTICAEVISUAL.odt (MARTA_RODRIGUEZ_6ºA_EDUCACIONPLASTICAEVISUAL.odt)

Lectura facilitada

- Este diario de aprendizaxe é individual para escribir as conclusións.

- Algunhas tarefas son en grupo. 

- O profesorado diravos como facer uso do voso diario de aprendizaxe.

- Fai unha valoración conxunta co profesorado e o resto do alumnado da túa clase.

- Esta valoración conxunta axudará a ver como avanzas para alcanzar este reto. 

- O primeiro ficheiro anexo é para descargar e escribir nel.

- Cada vez que o uses lembra gardalo.

- Para gardalo segue este exemplo:

NOME_APELIDO_CURSO_EDUCACIONPLASTICAEVISUAL.odt (MARTA_RODRIGUEZ_6ºA_EDUCACIONPLASTICAEVISUAL.odt)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)