Saltar navegación

4.2 Planificación da historia

 Creación do guión e "storyboard"

Imaxe dun boneco cun guión do reto

Agora que temos unha idea clara sobre a nosa artista, é o momento de escribir a historia que contaremos. Traballaremos nun guión con diálogos e descricións, e logo plasmaremos a nosa historia en debuxos mediante o storyboard, que nos axudará a visualizar cada escena.

Definir a historia

Pensar nos momentos clave da vida da artista e como queremos contalos.

Poden ser:

- En primeira persoa, a artista é a que conta a historia

A súa infancia e primeiros pasos na arte.
Un momento destacado na súa carreira.
O seu legado e importancia na historia da arte.

- En terceira persoa, outra persoa conta a historia da artista.

Un neno ou unha nena que descobre a unha artista.
Unha personaxe que viaxa no tempo e coñece a unha pintora.

Crear un guión

Escribir os diálogos e descricións de escena. Debemos ter en conta:

Como falarán os personaxes? (Formal, informal, con emoción...)
Haberá persoa narradora ou só diálogos?
Que sentimentos queremos transmitir?

Debuxar un storyboard

Representar en viñetas cada escena principal para planificar a animación. O storyboard debe incluír:

O que pasa en cada escena.
O tipo de plano (primeiro plano, plano xeral...).
Se hai movemento de personaxes ou cambios de escena.

Lectura facilitada

Agora escribimos a historia.

Creamos un guión con diálogos e descricións.

Despois, facemos a nosa historia con debuxos no storyboard.

Definir a historia

Pensar na vida da artista.

Decidir como contar o máis importante.

- En primeira persoa (ela conta a historia).

A súa infancia e inicios na arte.

Un momento da súa carreira.

A súa importancia na historia da arte.

- En terceira persoa (alguén conta a historia).

Un neno ou unha nena.

Unha personaxe que viaxa no tempo e coñece unha pintora.

Crear un guión

Escribir os diálogos.

Describimos a escena.

Debemos ter en conta:

- Como falan os personaxes? 

- Hai persoa narradora?

- Que sentimentos queremos transmitir?

Debuxar un storyboard

Debuxamos en viñetas cada escena.

O storyboard debe incluír:

- o que pasa en cada escena.

- o tipo de plano.

- se hai movemento de personaxes ou cambios de escena.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)