Saltar navegación

4.3 Deseño de personaxes e escenarios

Preparación do material

Imaxe dun boneco cun foco

Unha vez listo o guión e o storyboard, é hora de crear os elementos visuais que darán vida á nosa curta. Dependendo da técnica escollida (kamishibai, stop motion ou Scratch), necesitaremos debuxar, modelar ou programar as personaxes e decorados. Para os decorados podemos inspirarnos en estilos como o Art Déco, o abstracto ou o modernismo. Podemos buscar imaxes de referencia e facer debuxos de proba.

Lectura facilitada

Toca crear os elementos visuais.

Vemos a técnica escollida (kamishibai, stop motion ou Scratch).

Lembra os estilos Art Déco, o arte abstracto ou o modernismo. 

Para kamishibai

- Debuxa as escenas en cartolina ou papel.

Usa cores vivas.

- Pinta os personaxes e engade detalles.

Decóraos con coidado.

- Prepara un marco para mostrar as imaxes.

- Ensaiade a narración da historia. 

- Grava o relato.

Podes engadir música despois.

Para stop motion

- Crea os personaxes.

Podes usar plastilina, papel recortado ou bonecos móbiles.

- Fai os decorados para a túa historia.

- Usa un dispositivo para fotografar os movementos dos personaxes.

- Edita as imaxes cunha aplicación que sexa fácil de usar.

Para Scratch

- Crea imaxes para os personaxes e decorados. Tamén podes importalas.

- Usa bloques de programación para mover os personaxes.

- Engade música ou sons para acompañar a historia.

- Revisa os movementos e as animacións.

- Garda o traballo cando remates todo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)