Saltar navegación

1. A maxia da animación

 

Glosario

Animación

Ilustración que representa unha animación

Definición:

Procedemento para o cine para acadar imaxes que se moven a través de realizar secuencias de debuxos ou fotos.

Exemplo:

Creamos unha animación fermosa con máis de mil debuxos feitos a man.

Arte

Un personaxe observando arte

Definición:

Forma de expresión pola que se crean obras de valor estético para o que se requiren certos coñecementos.

Exemplo:

O seu último cadro é unha obra de arte e está exposta no museo municipal.

Conciencia

Unha persoa

Definición:

Saber sobre un mesmo para delimitar aspectos morais das accións e así diferenciar entre o ben e o mal.

Exemplo:

Dixo unha mentira pero non tardou nada en dicir a verdade porque a súa conciencia non o deixou.

Curtametraxe ou curta

Debuxo dunha claqueta

Definición:

Un filme de pouca duración. Tamén podemos dicir curta.

Exemplo:

Fixeron unha curta con poucos recursos económicos e gañou moitos premios.

Disciplina

Ilustración con tres disciplinas artísticas: danza, pintura e música

Definición:

Partes nas que se pode dividir unha área de estudo.

Exemplo:

Interésalle calquera disciplina artística menos a música.

Xuntas moito mellor

Foto que amosa mans de nenos e nenas formando un círculo

Ao longo da historia, o debuxo, o cine e a música foron ferramentas poderosas para contar historias, expresar emocións e dar vida á imaxinación. Cando estas tres disciplinas se unen, nace algo marabilloso: a animación! 

A animación é moito máis que debuxos en movemento; é unha combinación de cores, formas, sons e ritmos que nos transportan a mundos fantásticos. Para que isto sexa posible, artistas de todo o mundo traballan con paixón, desde ilustradoras e cineastas ata músicas que crean bandas sonoras inesquecibles.

Neste camiño, moitas mulleres foron pioneiras e deixaron a súa pegada, aínda que, ás veces, as súas achegas non recibiron o recoñecemento que merecen. Sabiades que Lotte Reiniger foi unha das primeiras creadoras de cine de animación coa súa técnica de sombras chinesas? Ou que compositoras como Fanny Mendelssohn e Clara Schumann loitaron para que a súa música fose escoitada nun mundo dominado por homes? Grazas a elas e a moitas outras, hoxe temos referentes que inspiran novas xeracións de artistas.

Agora é a vosa quenda!

Este será o noso reto:  combinaremos debuxo, cine e música para crear unha pequena curta de animación.  Ademais, o noso reto servirá para visibilizar e pór en valor ás mulleres na historia da arte. Por iso a chamarémolo: CINEMA CON CONCIENCIA!

Exploraremos como as cores poden transmitir emocións, como o ritmo da música pode dar movemento ás imaxes e como cada detalle axuda a contar unha historia única.

Lectura facilitada

A arte ten como fin a creación de obras estéticas.

O debuxo, o cine e a música son bos para contar historias con imaxinación.

Cando estas tres disciplinas se unen nace a animación. 

A animación combina:

- cores

- formas

-sons

-ritmos

Artistas de todo o mundo fan animacións. 

Moitas mulleres deixaron a súa marca na historia.

Fanny Mendelssohn e Clara Schumann traballaron para que a súa música se escoite.

Anímate a participar!

O noso reto é xuntar debuxo, cine e música para facer unha curta de animación. 

Ademais, queremos que se coñeza o traballo das mulleres na historia da arte

Por iso, chamaremos ao noso proxecto CINEMA CON CONCIENCIA!

Veremos que as cores poden expresar emocións.

Tamén veremos que o ritmo da música pode dar movemento ás imaxes.

Cada detalle axuda a contar unha historia única.

Audio

Elaboración propia (proxecto cREAgal) con apoio de IA, voz sintética xerada co modelo Celtia.. Apoio auditivo 1 Presentación

Apoio visual

Apoio visual 1

Feito con eXeLearning (Nova xanela)