Saltar navegación

2. Mulleres e arte

 

Glosario

Internet

Internet

Definición:

Rede informática mundial, descentralizada, formada pola conexión directa entre computadoras mediante un protocolo especial de comunicación.

Exemplo:

Hai lugares nos que aínda non se ten acceso a Internet.

Veracidade

Veracidade

Definición:

Calidade de veraz, é dicir, do que se axusta á verdade ou á realidade.

Exemplo:

Durante a investigación analizaron a veracidade dos feitos.

Luces, cámara...acción

Fotografía dunha directora de orquestra

No último reto descubrimos a importancia de facer visible ás mulleres no mundo da arte. Descubrimos a Georgia O'Keeffe e a súa pintura chea de cor e forza, e tamén visitamos a exposición Maestras no Museo Thyssen, onde vimos cadros pintados por grandes mulleres ao longo da historia.

Pero a arte non é só pintura! Xa falamos das diferentes disciplinas artísticas, e este novo reto consistirá en poñer en xogo tamén á música e o cine, dándolle relevancia a todas esas mulleres que durante moitos anos tiveron dificultades para ser recoñecidas como directoras, actrices, compositoras ou cantantes. Recordemos primeiro que músicas e que directoras de cine coñecemos.

Lectura facilitada

No último reto descubrimos algo importante. 

Falamos de visibilizar ás mulleres no mundo da arte.

Aprendemos quen foi Georgia O'Keeffe.

Vimos as súas pinturas con moita cor e forza.

Visitamos a exposición Maestras no Museo Thyssen.

Nesta exposición vimos cadros pintados por mulleres.

Pero a arte é máis que pintura! 

Hai moitas disciplinas artísticas.

Agora falamos de música e cine.

Queremos descubrir mulleres que foron: 

-directoras

-actrices

-compositoras

-cantantes

Primeiro, lembra que músicas e directoras de cine coñeces.

Apoio visual

Apoio visual 2

Banco de mulleres

Buscar personaje

É o momento de comezar a investigar.

Creade equipos de catro persoas e buscade información sobre mulleres que, ao longo da historia, dedicáranse á música ou ao cine.

Podedes investigar sobre mulleres que desempeñaran distintas funcións dentro da disciplina artística musical ou audiovisual, como por exemplo: 

- compositoras

- directoras de orquestra

- actrices, directoras de cine

- intérpretes de diferentes instrumentos

- guionistas

- produtoras

Para realizalo podes axudarte da seguinte ficha para cubrir.

Ficha para crear banco de mulleres

Podes descargar este documento en PDF premendo a imaxe, ou en ODP.

Se o precisas, consulta có profesorado o xeito de cubrila.

Máis adiante, unha vez teñades o banco de mulleres creado, con calma, escolleredes unha desas mulleres.

Despois, afondaredes algo máis na súa historia e na súa arte, e comezaredes a traballar coa vosa protagonista.

Esta será a protagonista da vosa curta de animación

Lectura facilitada

Buscar personaje

Comeza a investigar!

Creade equipos de catro persoas.

Buscade información sobre mulleres dedicadas á música ou ao cine.

Hai mulleres con distintas funcións.

Poden ser: 

- compositoras

- directoras de orquestra

- actrices, directoras de cine

- intérpretes de diferentes instrumentos

- guionistas

- produtoras

Para realizalo podes axudarte da seguinte ficha.

Ficha para crear banco de mulleres

Podes descargar este documento en pdf premendo a imaxe, ou en odp.

Se o precisas, consulta có profesorado o xeito de cubrila.

Despois escolleredes unha desas mulleres con calma.

Esa muller é a protagonista da curta de animación no voso reto. 

Lembrade

- Os equipos que fagades agora serán os mesmos para todo o reto. Pouco a pouco realizaredes diferentes actividades encamiñadas a rematar con éxito a vosa curtametraxe.

- Para conseguir información podedes consultar os libros da biblioteca ou facer buscas online, sempre asegurándonos da veracidade da información

Lectura facilitada

Os equipos serán os mesmos para todo o reto.

Hai diferentes actividades para realizar a curtametraxe.

Infórmate e consulta os libros da biblioteca.

Busca na Internet e asegúrate da veracidade da información. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)