Glosario
Banda sonora
-
Definición:
-
Parte dunha película onde se atopa o son rexistrado.
-
Exemplo:
-
A banda sonora do filme é moi boa.
Definición:
Parte dunha película onde se atopa o son rexistrado.
Exemplo:
A banda sonora do filme é moi boa.
A arte é unha forma marabillosa de expresar sentimentos e ideas. Hoxe imos coñecer tres estilos moi especiais e unha artista fascinante que, dalgunha maneira, os explorou: Georgia O'Keeffe.
- Arte abstracta: Neste estilo, as persoas artistas non pintan as cousas tal e como as vemos, senón que usan cores, formas e liñas para transmitir emocións. Georgia O’Keeffe xogaba coa abstracción en moitas das súas obras, especialmente nas súas grandes flores e paisaxes que parecen soños.
A arte é unha forma de expresar sentimentos e ideas.
Georgia O'Keeffe explorou tres estilos: arte abstracta, Art Déco e modernismo.
Na arte abstracta usan cores, formas e liñas.
Georgia O’Keeffe utiliza a arte abstracta nas flores e paisaxes.
- Art Déco:
Este estilo é elegante, con formas xeométricas e moitos detalles decorativos. O'Keeffe viviu nunha época na que o Art Déco estaba de moda, e algunhas das súas pinturas de rañaceos en Nova York teñen ese aire moderno e sofisticado.
O Art Déco usa formas xeométricas e moitos detalles decorativos.
O Art Déco está de moda nesa época.
Georgia O'Keffee debuxa ese estilo nos rañaceos.
- Modernismo: Inspirado na natureza, este estilo cheo de curvas e formas orgánicas tamén se pode ver na arte de O’Keeffe. É é un estilo moi arraigado na arquitectura con exemplos tan brillantes como Antoni Gaudí.
As flores xigantes de Georgia O'Keeffe parecen case esculturas vivas, e os seus cadros de montañas e desertos mostran a beleza natural dun xeito moi persoal.
O modernismo inspírase na natureza.
Na arquitectura temos exemplos como Antoni Gaudí.
As flores xigantes de Georgia O'Keeffe parecen esculturas vivas.
Aprender sobre diferentes estilos artísticos e xéneros musicais é importante para obter inspiración de cara á elaboración dos elementos da nosa curta: os escenarios e a banda sonora.
A arte é unha forma marabillosa de expresarnos e contar historias sen palabras. Ao longo do tempo, as persoas artistas inventaron diferentes estilos para crear cadros, edificios, esculturas e obxectos fermosos. Imos afondar nos tres estilos dos que falamos antes a través de obras de diferentes artistas.
A arte é unha forma de contar historias sen palabras.
As persoas artistas inventan diferentes estilos para crear.
Veremos os tres estilos anteriores coas obras de diferentes artistas.
ARTE ABSTRACTA
Composición VIII de Vasili Kandinski é unha obra representativa da arte abstracta. Caracterízase pola ausencia de figuras recoñecibles e o uso de formas xeométricas, liñas e cores para crear unha composición non figurativa. A obra busca expresar emocións e sensacións a través da combinación de elementos visuais.
Esta obra sen título de Hilma af Klint é un exemplo de arte abstracta que precede a moitos dos artistas masculinos máis coñecidos do movemento. A súa obra, chea de simbolismo e formas abstractas, foi fundamental para o desenvolvemento da arte abstracta, aínda que non foi recoñecida ata despois da súa morte.
ARTE ABSTRACTA
Composición VIII (oito) de Vasili Kandinski é exemplo da arte abstracta.
Os debuxos son cousas sen identificar.
Reflicte emocións e sensacións con elementos visuais.
Esta obra sen título é de Hilma af Klint.
Esta obra é un exemplo de arte abstracta.
Esta obra é das primeiras neste estilo.
O traballo de Hilma af Klint foi valorado despois da súa morte.
ART DÉCO
Prismes électriques de Sonia Delaunay é un exemplo de como o Art Déco tamén foi adoptado por artistas femininas. A súa obra destaca polo uso de formas xeométricas e cores vibrantes, creando un ritmo visual dinámico e moderno. Delaunay foi unha figura importante na arte do século XX e pioneira na abstracción lírica.
O Teatro Fox en Atlanta exemplifica o Art Déco coa súa fachada adornada con patróns xeométricos e cores vibrantes. Este estilo buscaba combinar a elegancia coa funcionalidade, creando espazos culturais accesibles e atractivos para todas as persoas.
ART DÉCO
"Prismes électriques" de Sonia Delaunay é un exemplo do Art Déco.
A obra usa formas xeométricas.
As cores son vivas e brillantes.
Delaunay foi unha artista do século XX (vinte).
Teatro Fox de William Lee Stoddart
Ten unha fachada adornada con formas xeométricas e cores vibrantes.
Este estilo mestura a elegancia e o ser práctico.
MODERNISMO
A Casa Batlló, obra de Antoni Gaudí, é un dos mellores exemplos do modernismo, un estilo que se inspira na natureza. As formas do edificio lembran ósos, plantas e elementos orgánicos, como se o edificio fose parte dun ecosistema vivo. Esta conexión coa natureza fai que a Casa Batlló sexa única e especial.
O Bico, de Gustav Klimt, é unha obra emblemática do modernismo. Este estilo destaca polo uso de liñas curvas e onduladas, que dan unha sensación de movemento e elegancia. Klimt emprega materiais preciosos como o ouro, que lle aporta á obra un brillo único e un aire de luxo. Na pintura vemos unha parella abrazándose, representando o amor e a conexión entre os dous protagonistas, envoltos nunha atmosfera máxica.
MODERNISMO
Casa Batlló de Antoni Gaudí é un exemplo do modernismo.
Este estilo emprega a natureza.
Usa formas curvas e motivos de flores.
Gaudí engade detalles que lembran ósos e plantas.
O Bico de Gustav Klimt é un exemplo do estilo modernista.
Ten liñas curvas e suaves.
Utiliza materiais como o ouro para decorar.
A arte pode facernos sentir moitas emocións diferentes. Ás veces, unha pintura ou un edificio poden parecernos alegres, misteriosos ou incluso un pouco tristes. Outras veces, as cores, as formas e os detalles fannos pensar en historias ou en soños.
Agora, pensemos e debatamos en gran grupo:
- Que sensacións vos produce cada unha destas obras? Por que?
- Cal vos parece máis alegre? E máis misteriosa?
- Que historias imaxinades ao observar estas obras?
- Credes que a arte necesita representar algo real ou pode ser só unha mestura de cores e formas?
A arte non ten unha única resposta! Cada persoa pode sentir algo diferente ao observala. Imos compartir as nosas ideas!
Coa arte podemos sentir emocións diferentes.
Unha pintura ou un edificio poden parecer alegres ou tristes.
As cores, as formas e os detalles fan que pensemos en historias ou soños.
Agora imos pensar e debater en gran grupo:
- Que emocións sentes coas obras que ves?
- Por que sentes iso?
- Que obra parece máis alegre?
- Que obra parece máis misteriosa?
- Que historias podes imaxinar con estas obras?
- Coa arte representamos algo real ou só mesturamos cores e formas?
A arte ten moitas respostas!
Comparte o que pensas e o que sentes!
Precisas recordar o que vimos con anterioridade sobre os estilos artísticos.
Precisas recordar e manexar con soltura o que vimos con anterioridade sobre os estilos artísticos.
Poderías ser quen de identificar os diferentes estilos artísticos.
Pulsa sobre as tarxetas para descubrir que agochan.
Pulsa sobre as tarxetas para descubrir que agochan.
","showMinimize":false,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"ARTE ABSTRACTA","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"ARTE%20ABSTRACTA","urlBk":"resources/512px-Hilma_af_Klint_-_no_date_-_Untitled.jpg","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"Imaxe dunha obra de Hilma af Klint","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":""},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"ARTE ABSTRACTA","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"ARTE%20ABSTRACTA","urlBk":"resources/512px-Wassily_Kandinsky_Composition_VIII.jpg","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"Imaxe da obra de Wassily Kandinsky Composition VIII","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":""},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"ART DÉCO","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"ART%20D%C3%89CO","urlBk":"resources/512px-Fox_Theatre_Atlanta.jpg","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"Imaxe do Fox Theatre Atlanta","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":""},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"ART DÉCO","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"ART%20D%C3%89CO","urlBk":"resources/ia_Delaunay,_1914,_Prismes_electriques,_oil_on_canvas,_250_x_250_cm,_Musee_National_dArt_Moderne.jpg","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"Imaxe da obra de Delaunay, 1914, Prismes electriques oil on canvas","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":""},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"MODERNISMO","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"MODERNISMO","urlBk":"resources/512px-Antoni_Gaudi-Casa_Batllo-Barcelona.jpg","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"Fotografía da Casa Batllo de Antoni Gaudí en Barcelona","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":""},{"url":"","x":0,"y":0,"author":"","alt":"MODERNISMO","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"MODERNISMO","urlBk":"resources/512px-The_Kiss_-_Gustav_Klimt_-_Google_Cultural_Institute.jpg","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"Imaxe da obra The Kiss de Gustav Klimt","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":""}],"isScorm":1,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":true,"textAfter":"","version":1.3,"percentajeCards":100,"type":3,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":5,"evaluation":false,"evaluationID":"EPV6t1","id":"20246411431-120","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"Xenial! A pista é: ","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayAgain":"Xogar outra vez","msgPlayStart":"Pulsa aquí para xogar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgCool":"Xenial!","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Saír de pantalla completa","msgSuccesses":"Correcto! | Excelente! | Xenial! | Moi bien! | Perfecto!","msgFailures":"Non era iso! ¡Incorrecto! | Non é correcto! | ¡Lo sentimos!! | Error!","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina no forma parte de un paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"A puntuación se gardará despois de cada pregunta. Solo puede jugar una vez.","msgSaveAuto":"A súa puntuación se guardará automáticamente después de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pode gardar a puntuación tantas veces como quiera","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividad.","msgPlaySeveralTimes":"Pódese realizar esta actividade tantas veces como queira","msgClose":"Pechar","msgAudio":"Audio","msgPreviousCard":"Anterior","msgNextCard":"Seguinte","msgNumQuestions":"Nümero de cartas","msgTrue":"Verdadeiro","msgFalse":"Falso","msgTryAgain":"Necesita polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volva a intentalo.","mgsAllQuestions":"Preguntas completadas!","msgTrue1":"Correcto. Esa é a carta.","msgTrue2":"Incorrecto. Esa non é a carta.","msgFalse1":"Correcto. Esa non é a carta.","msgFalse2":"Incorrecto. Esa é a carta.","mgsClickCard":"Pulsa na carta","msgEndTime":"Acabou o tempo de xogo. A túa puntuación é de %s.","msgEnd":"Finalizar","msgEndGameM":"Remataches o xogo. A túa puntuación es %s.","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Cartas de memoria"}}Podes adiviñar a que estilo corresponde cada obra? Recorda que para facelo ben, debes ter en conta os acentos.
Selecciona as respostas correctas e preme sobre o botón "comprobar"
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0