Saltar navegación

3.3 Xéneros cinematográficos

 

Glosario

Cartel

Ilustración dun cartel

Definición:

Papel de gran tamaño que publicita un anuncio para que quede público.

Exemplo:

O cartel da próxima actuación ten mal a data.

Esbozo

Ilustración do esbozo dunha muller

Definición:

Deseño inicial dunha creación previo á obra definitiva.

Exemplo:

Iniciou facendo tres esbozos ata que conseguiu o que quería.

Xéneros cinematográficos

Ikon Video - Outline.png

O cine é unha forma de arte e entretemento que nos permite viaxar a outros mundos, vivir aventuras e coñecer historias marabillosas a través da pantalla. Existen moitos tipos de películas, coñecidos como xéneros cinematográficos. Algúns exemplos poderían ser: 

- As películas de aventura levan a protagonistas valentes a explorar lugares descoñecidos e superar grandes desafíos.

- As de fantasía transportan a mundos máxicos con criaturas e poderes extraordinarios.

- O cine de ciencia ficción imaxina futuros sorprendentes con tecnoloxías avanzadas e viaxes espaciais.

- As películas de terror buscan asustar e emocionar, mentres que as comedias fan rir con situacións divertidas.

- O cine de animación usa debuxos e efectos dixitais para crear historias cheas de cor e imaxinación.

Así, cada xénero ten algo especial que nos fai sentir emocións diferentes e vivir experiencias únicas sen saír do cine ou da nosa casa.

Lectura facilitada

O cine é unha forma de arte.

Tamén serve para entretemento.

Co cine podemos ver outros mundos. Tamén podemos vivir aventuras.

No cine coñecemos historias marabillosas.

Hai moitos tipos de películas.

Estes tipos chámanse xéneros cinematográficos.

Aquí tes algúns exemplos de xéneros:

- As películas de aventura teñen protagonistas valentes.

- As películas de fantasía teñen mundos máxicos.

- O cine de ciencia ficción mostra tecnoloxía e mundos futuros.

- As películas de terror dan medo e emoción.

- As comedias fan rir con situacións divertidas.

- O cine de animación usa debuxos e efectos dixitais.

Cada xénero ten algo especial.

Forma de expresión pola que se crean obras de valor estético para o que se requiren certos coñecementos.

Carteis cinematográficos

Agora que xa coñecemos diferentes xéneros cinematográficos de xeito individual, escolle os teus catro xéneros cinematográficos preferidos.

Imos xogar, agora, có deseño de carteis de películas:

Divide un folio en 4 partes e crea un pequeno esbozo de como sería o cartel dunha película en cada un dos catro xéneros que escolliches. 

Pensa que o cartel terá que transmitir claramente o xénero cinematográfico. Non será o mesmo un cartel dunha película de terror que o cartel dunha película de aventuras...

Lectura facilitada

Agora escolle catro xéneros cinematográficos.

Realiza un deseño de carteis de películas:

Divide un folio en 4 partes e crea un pequeno esbozo.

Pensa como sería o cartel neses catro xéneros. 

O cartel ten que amosar o xénero.

Un cartel dunha película de terror e un cartel dunha película de aventuras son diferentes.

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaNesta fase achegámonos ao distintos estilos e xéneros dentro da arte.

Nesta parte veremos que fai falta para poder seguir avanzando e pouco a pouco acadar cada unha das fases deste reto.

Vexamos que lembras do que vimos e para iso parámonos a reflexionar. Tes que cubrir na parte correspondente á fase 3 do diario de aprendizaxe.

Utiliza o documento que xa terás gardado da fase anterior.

Lembra que é un traballo tanto individual como en equipo.

Lectura facilitada

Nesta fase achegámonos aos distintos estilos e xéneros dentro da arte.

Observa o que necesitas para avanzar.

Pouco a pouco acada cada unha das fases deste reto.

Lembra e reflexiona.

Cubre a parte correspondente á fase 3 do diario de aprendizaxe.

Utiliza o documento que xa terás gardado da fase anterior.

É un traballo tanto individual como en equipo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)