Glosario
Bodegón
-
Definición:
-
Creación en pintura con algúns elementos sen vida como poden ser flores, alimentos ou aparellos de cociña.
-
Exemplo:
-
O bodegón é unha obra de arte que tamén é coñecida como natureza morta.
Definición:
Creación en pintura con algúns elementos sen vida como poden ser flores, alimentos ou aparellos de cociña.
Exemplo:
O bodegón é unha obra de arte que tamén é coñecida como natureza morta.
A arte é unha maneira de expresar ideas, emocións e historias. Hai diferentes tipos de arte, segundo a maneira de creala e a maneira en que a sentimos. Lembrade que xa falamos das diferentes disciplinas artísticas.
- Artes plásticas e visuais: como a pintura, a escultura, a fotografía ou o debuxo.
- Artes escénicas como: o teatro, a danza e o circo, que se representan en directo.
- Artes musicais como: a composición, arranxo, interpretación e dirección de obras musicais.
- Artes literarias como: a poesía, os contos e as novelas, que transmiten historias e sentimentos con palabras.
- Artes audiovisuais como: o cine e os videoxogos, que combinan imaxes, música e historia.
Dentro de cada disciplina artística, existen distintos xéneros, que son estilos ou formas de crear. Aquí tes algúns exemplos.

Unha disciplina artística é unha categoría das artes.
Cada disciplina serve para expresar a creatividade.
Cada disciplina artística ten as súas propias regras.
Existen diferentes disciplinas artísticas:
- As artes escénicas inclúen o teatro, a danza e o circo.
- As artes plásticas e visuais inclúen a pintura, a escultura e a fotografía.
Dentro da pintura e da escultura están o retrato, a paisaxe e o bodegón.
- As artes literarias inclúen obras escritas.
- A música inclúe composicións musicais.
- O cine e os audiovisuais inclúen obras visuais (animación, comedia e ciencia ficción, entre outras).
Os estilos artísticos cambian có tempo.
Mostran como é a realidade de cada época.
No século XX (vinte) coexistían diferentes estilos como o modernismo, o Art Déco ou a arte abstracta, entre outros.
Aprenderás máis sobre estes estilos máis adiante!

- Retrato: representa persoas ou animais.
- Paisaxe: mostra a natureza, cidades ou espazos imaxinarios.
- Natureza morta: pinta ou esculpe obxectos como froitas, flores ou libros.
- Arte abstracta: usa cores e formas sen representar algo concreto.
- Narrativa: contos e novelas de aventuras, misterio ou fantasía.
- Poesía: textos curtos con ritmo e rima.
- Teatro: obras escritas para ser representadas por actores e actrices.

- Clásica: composicións con orquestras e instrumentos, como o piano ou o violín.
- Rock e pop: estilos modernos con guitarras, baterías e letras pegadizas.
- Tradicional: música propia de cada cultura, como as muiñeiras en Galicia.

- Animación: películas feitas con debuxos ou ordenador.
- Comedia: historias divertidas para rir.
- Ciencia ficción: aventuras en mundos futuristas ou con tecnoloxía avanzada.
- Terror: películas que dan medo ou misterio.
Ao longo da historia, os estilos artísticos evolucionaron reflectindo as ideas, os avances e as emocións de cada época. Dende o Renacemento, coa súa busca da perfección, ata o Impresionismo, que capturaba a luz e o movemento. Cada corrente naceu como resposta ao mundo que a rodeaba. No século XX, cando Georgia O’Keeffe desenvolveu a súa obra, coexistían diferentes estilos como o Modernismo, o Art Déco, a arte Abstracta, o Surrealismo e o Expresionismo, cada un cunha visión propia da arte e da realidade.
Profundaremos nalgúns deles un pouco máis adiante.

Xa investigastes sobre moitas mulleres que destacaron no mundo da música e do cine. Agora toca dar un paso máis: escoller quen será a protagonista da vosa curta de animación. Recordade manter os equipos da actividade "Banco de Mulleres", serán os mesmos para todo o reto.
Pasos a seguir:
1. Revisade a vosa lista de mulleres artistas. Mirade con atención a información que recompilastes de cada unha. Pensade no que fixeron, como foi a súa vida e por que foron importantes.
2. Facede unha pequena posta en común no equipo. Cada persoa pode contar cal é a súa artista favorita e explicar por que lle gustaría que fose a protagonista.
3. Valorade en conxunto. Podédesvos facer algunhas preguntas para axudarvos a decidir:
- A súa historia é interesante e inspiradora?
- Foi unha pioneira ou fixo algo especial no seu campo?
- Gustaríavos contar a súa historia en forma de animación?
4. Chegade a un acordo. Escollede entre todas e todos a artista que máis vos guste e que creades que ten unha historia bonita ou importante para contar.
5. Escribide o nome da vosa elixida e unha pequena razón da vosa escolla. Máis adiante, seguiremos investigando sobre ela e comezaremos a darlle forma á nosa curta.
Agora si, temos protagonista! Preparádevos para seguir creando!
Agora toca escoller a protagonista da vosa curta de animación.
Recordade manter os mesmos equipos.
Pasos a seguir:
- Revisade a vosa lista de mulleres artistas e a información delas.
- Expoñede esa información no equipo.
- Cada persoa pode dicir a súa protagonista favorita.
- Falade en grupo para decidir. Respondede algunhas preguntas:
A súa historia é interesante?
Fixo algo especial no seu campo?
Gustaríavos contar a súa historia con animación?
- Escollede entre todo o grupo á artista que máis vos guste.
- Escribide o nome da elixida.
- Escribide tamén o motivo da escolla.
Seguiremos investigando sobre esta artista máis adiante.
Xa temos protagonista!
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0