Glosario
Abstracta (arte)
-
Definición:
-
Estilo de arte que non representa a realidade de xeito obxectivo e suxire un enfoque distinto das cousas.
-
Exemplo:
-
A arte abstracta comezou a inicios do século XX.
Art Déco
-
Definición:
-
Estilo artístico con influencia nas artes a partir do 1920. Afectou ás artes decorativas como a arquitectura e ás artes visuais como a pintura.
-
Exemplo:
-
A Art Déco deixou obras moi importantes que reflicten as características propias do estilo.
Butai (escenario)
-
Definición:
-
É unha palabra en xaponés. Bu significa danza, e tai escenario. É un pequeno teatro de madeira.
-
Exemplo:
-
O butai estaba cuberto con teas de cores.
Kamishibai
-
Definición:
-
É unha palabra en xaponés que significa “ẗeatro de papel”. Xeito de contar contos na cultura xaponesa.
-
Exemplo:
-
Os nenos e nenas acoden a ver como lle contan un conto nun kamishibai cada sábado.
Modernismo
-
Definición:
-
Corrente artística e cultural que achegaba novas ideas e aspectos innovadores en torno aos séculos XIX e XX.
-
Exemplo:
-
Algunhas obras que pertencen ao modernismo foron moi coñecidas.
Scratch
-
Definición:
-
É unha ferramenta que utiliza a linguaxe de programación por bloques coa que se pode realizar distintas accións como crear xogos, mesturar sons ou animacións entre outras.
-
Exemplo:
-
Aprenderon a crear un xogo sen dificultade porque Scratch utiliza unha linguaxe sinxela.
Stop motion
-
Definición:
-
Palabra en inglés coa se coñece o proceso de creación de animacións fotografando obxectos, con pequenos cambios de posición, que ao montalas semella que están en movemento.
-
Exemplo:
-
Para realizar a montaxe de stop motion utilicei unha aplicación informática.
Storyboard
-
Definición:
-
É unha representación gráfica das ideas principais das escenas dun vídeo.
-
Exemplo:
-
Antes de elaborar o filme creouse un storyboard para elaborar paso a paso as distintas escenas .
Na primeira fase deste reto convén reflexionar sobre o que ides aprender e para que vos servirá, e para iso utilizaremos o