Saltar navegación

4.5 Revisión e avaliación grupal

Reflexionamos

Xa rematamos as creacións das nosas animacións e só queda ver o traballo feito. 

Paramos e avaliamos o noso traballo (autoavaliación) e o traballo do resto do noso equipo, ou dos outros equipos (coavaliación) con estas dúas rúbricas.

Lectura facilitada

Xa rematamos as nosas animacións.

Agora toca ver o traballo que fixemos.

Imos parar e avaliar o noso propio traballo. Isto chámase autoavaliación.

Tamén imos avaliar o traballo doutras persoas. Isto chámase coavaliación.

Usa as dúas rúbricas para facer estas avaliacións.

Rúbrica de autoavaliación

Rúbrica de autoavaliación fase 4
 4. Excelente3 Satisfactorio2 Mellorable1 Insuficiente
CA2.1 Fago animacións sinxelas? (Guión, montaxe...) Fixen animacións moi creativas e orixinais (2.5)Fixen animacións ben e apliquei o que aprendín sobre guión e montaxe. (1.75)Fixen animacións sinxelas e aprendín cousas sobre guión e montaxe. (1.50)Non fixen ningunha animación. (0)
CA4.1 Sei usar programas de imaxe? (Copiar, pegar...)Uso os programas de imaxe de forma moi creativa. (2.5)Sei usar ben os programas de imaxe e fago cousas chulas. (1.75)Sei usar programas para copiar, pegar e cambiar o tamaño e a cor das imaxes. (1.50)Non sei usar programas de imaxe. (0)
CA4.2 Expreso ideas coa animación? (Patróns da natureza...)As miñas animacións teñen mensaxes moi creativas. (2.5)Expreso as miñas ideas e emocións con animacións orixinais (1.75)Fixen animacións con debuxos da natureza, como Georgia O'Keeffe. (1.50)Non fixen animacións nin expresei ideas. (0)
CA4.4 Traballo ben en grupo? (Elixir técnicas...)Dirixín e axudei ao meu grupo a facer un traballo moi bo. (2.5)Traballei ben en grupo e usei as técnicas da animación. (1.75)Fixen debuxos no ordenador e elixín as técnicas axeitadas. (1.50)Non traballei en grupo. (0)

Elaboración propia (proxecto cREagal). Rúbrica de autoavaliación fase 4 (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Rúbrica de coavaliación

Rúbrica de coavaliación fase 4
 Nivel 1Nivel 2Nivel 3Nivel 4
CA2.1 Fixeron animacións sinxelas? (Guión, montaxe...)Fixeron animacións moi creativas e orixinais. (2.5)Fixeron animacións ben e aplicaron o que aprenderon sobre guión e montaxe. (1.75)Fixeron animacións sinxelas e aprenderon cousas sobre guión e montaxe. (1.50)Non fixeron ningunha animación. (0)
CA4.1 Sabe usar programas de imaxe? (Copiar, pegar...)Usan os programas de imaxe de forma moi creativa. (2.5)Saben usar ben os programas de imaxe e fan cousas chulas. (1.75)Saben usar programas para copiar, pegar e cambiar o tamaño e a cor das imaxes. (1.50)Non saben usar programas de (0)
CA4.2 Expresan ideas coa animación? (Patróns da natureza...)As súas animacións teñen mensaxes moi creativas. (2.5)Expresan as súas ideas e emocións con animacións orixinais. (1.75)Fixeron animacións con debuxos da natureza, como Georgia O'Keeffe. (1.50)Non fixeron animacións nin expresaron ideas. (0)
CA4.4 Traballan ben en grupo? (Elixir técnicas...)Dirixiron e axudaron ao seu grupo a facer un traballo moi bo. (2.5)Traballaron ben en grupo e usaron as técnicas da animación. (1.75)Fixeron debuxos no ordenador e elixiron as técnicas axeitadas. (1.50)Non traballaron en grupo. (0)

Elaboración propia (proxecto cREagal). Rúbrica de coavaliación fase 4 (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaXa está o traballo rematado! 

Tendes a vosa curta creada e agora xa só falta compartilo co resto da comunidade. Iso é xenial! 

Antes de nada, recorda que fai falta pararse a reflexionar sobre o realizado nesta fase. Utiliza o bloque 4 do diario de aprendizaxe.

Lectura facilitada

Xa está o traballo rematado! 

Tendes a vosa curta creada.

Agora a compartilo co resto da comunidade.

Iso é xenial! 

Reflexiona sobre o realizado nesta fase. 

Utiliza o bloque 4 do diario de aprendizaxe.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)