Para que usamos o diario de aprendizaxe?
O diario de aprendizaxe é o espazo no que recollerás as experiencias vividas, tanto dentro como fóra da aula, relacionadas co proceso de aprendizaxe ao longo do reto. Co seu uso desenvolverás a túa autonomía e capacidade para reflexionar e aprender a aprender.
Deberás cubrilo según as indicacións do profesorado. Co diario de aprendizaxe avaliarás o teu progreso no reto, polo que é individual. Non obstante, contén algunhas actividades para facer de xeito individual e outras en colaboración co teu equipo. Axudarache a avaliarte, a compartir información no teu grupo e a lograr o reto proposto.
O primeiro ficheiro anexo é para descargar e poder escribir nel.
Cada vez que cubras algo lembra gardalo.
Para gardalo segue este exemplo:
NOME_APELIDO_CURSO_EDUCACIONPLASTICAEVISUAL.odt (MARTA_RODRIGUEZ_6ºA_EDUCACIONPLASTICAEVISUAL.odt)
Lectura facilitada
- Este diario de aprendizaxe é individual para escribir as conclusións.
- Algunhas tarefas son en grupo.
- O profesorado diravos como facer uso do voso diario de aprendizaxe.
- Fai unha valoración conxunta co profesorado e o resto do alumnado da clase.
- Esta valoración conxunta axudará a ver como avanzas para alcanzar este reto.
- O primeiro ficheiro anexo é para descargar e escribir nel.
- Cada vez que o uses lembra gardalo.
- Para gardalo segue este exemplo:
NOME_APELIDO_CURSO_EDUCACIONPLASTICAEVISUAL.odt (MARTA_RODRIGUEZ_6ºA_EDUCACIONPLASTICAEVISUAL.odt)