Saltar navegación

1.3. Pintando historias

Artistas

Ilustración de tres artistas en acciónAo longo da historia moitas persoas fixeron a súa contribución ao mundo da arte, coas súas pinturas, esculturas, fotografías, composicións musicais, películas... todo ese patrimonio dota de contido a nosa cultura e ten un valor incalculable. 

Quen foron estas persoas?

Elaboraremos un mural con todas as persoas artistas que coñecedes.

En grupos de 4 persoas facede unha lista de artistas que coñecedes e rotulade os seus nomes de xeito gráfico.

Listado de artistas por disciplinas (exercicio)

Podes descargar este documento en PDF premendo a imaxe, ou en ODT.

Se o precisas, consulta có profesorado o xeito de cubrila.

Rotulación gráfica visual:

Estas poden ser algunhas recomendacións para conseguir unha rotulación gráfica visual:

-  Utilizade diferentes fontes tipográficas, con serifa, sen serifa, máis caligráficas ou máis xeométricas...

 - Empregade sombreados para crear efectos 3D.

 - Xogade coas cores para facelo máis visual. 

Cando teñades todos os nomes listos poñédeos en común con toda a aula.

Recomendacións para rotulación

Podes descargar este documento en PDF premendo a imaxe, ou en ODP

Lectura facilitada

Moitas persoas fixeron obras de arte ao longo da historia.

Crearon pinturas, esculturas e fotografías, entre outras.

Estas obras son moi importantes para a nosa cultura.

Quen son estas persoas?

Faredes un mural sobre os artistas que coñecedes.

Formade grupos de 4 persoas.

Escribide unha lista cos nomes dos artistas.

Rotulade os nomes das artistas de forma visual.

Seguíde estas recomendacións:

- Usade tipos de letra diferentes.
- Engadide sombras ás palabras.
- Pintade con varias cores.

Cando rematedes, mostrade o mural ao resto da aula.

Apoio visual

Apoio visual 1.3

Pintando historias

Ilustración que amosa un monicaco  pintandoAgora que temos todos estes nomes de persoas artistas imos facer o mural para que queden ben visibles. 

Colocade dous anacos grandes de papel continuo. Nun deles imos colocar ás persoas artistas de xénero masculino.

No outro imos colocar ás persoas artistas de xénero feminino.

Están equilibrados?

Coñecedes a máis mulleres artistas ou a máis homes artistas?

Por que credes que isto é así?

Lectura facilitada

Agora temos todos os nomes das persoas artistas.

Facemos o mural para que os nomes sexan visibles.

Colocamos dous anacos grandes de papel continuo.

Nun anaco poñemos os nomes das persoas artistas de xénero masculino.

No outro poñemos os nomes das persoas artistas de xénero feminino.

Comprobamos se están en equilibrio.

Así observamos cantas mulleres artistas e cantos homes artistas coñecemos.

Diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapaNa primeira fase deste reto convén reflexionar sobre o que ides aprender e para que vos servirá, e para iso utilizaremos o diario de aprendizaxe.

En ocasións o voso traballo será individual en outras ocasións en grupo.

Presta moita atención ao que facedes, axudaravos a entender mellor todo e finalmente superar o reto proposto.

Si necesitades axuda sabedes que contades co apoio do profesorado.

Lectura facilitada

Esta é a primeira fase deste reto.

Agora reflexiona sobre o que aprendes e para que.

Utilizade o diario de aprendizaxe.

Lembra que o traballo é individual e en grupo.

Atende ao que fas e entende como chegar ao reto proposto.

Si necesitades axuda sabes que contas co apoio do profesorado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)