| Título |
Ampliando a mirada: dando luz ao invisible |
|---|---|
| Descrición | O presente REA ten como obxectivo traballar a unidade didáctica 1 de PROENS de Educación Plástica e Visual para 6º de Educación Primaria. O reto consiste no desenvolvemento da capacidade de observación explorando distintas linguaxes artísticas: a pintura e a fotografía expresando ideas e emocións de xeito orixinal, establecer conexións entre o mundo rural e o urbano, espertar o interese pola historia da arte e todo isto dende un enfoque inclusivo e favorecendo a creatividade, a igualdade de xénero e as necesidades propias do século XXI, para o que se utilizarán diversidade de recursos e materiais. |
| Persoas elaboradoras | Isabel López Fernández, Iria Mosquera González e María Belén Opazo Quintas. |
| Organización | Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Recoñecemento Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación | "Ampliando a mirada: dando luz ao invisible"; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
