Glosario
Manuscrito
-
Definición:
-
Escrito feito a man.
-
Exemplo:
-
Atopouse un manuscrito feito sobre coiro.
Definición:
Escrito feito a man.
Exemplo:
Atopouse un manuscrito feito sobre coiro.
Unha disciplina artística é unha categoría das artes que agrupa técnicas e expresións creativas concretas para a produción das súas obras. Cada disciplina céntrase nunha forma particular de creación e ten as súas propias ferramentas, regras e convencións.
As disciplinas artísticas son moi diversas, podemos clasificalas do seguinte xeito.
Obras que se perciben principalmente a través da vista
Obras que se levan a cabo fronte unha audiencia xeralmente co uso do corpo e a voz.
Obras escritas.
Obras que inclúen a creación e execución de composicións musicais
Obras visuais en movemento acompañadas con son.
Podes descargar este documento en PDF premendo a imaxe, ou en ODP.
Unha disciplina artística é un tipo de arte para expresar a creatividade.
Cada tipo ten ferramentas e regras propias.
Hai varios tipos de disciplinas artísticas:
- Artes escénicas: obras que se ven.
- Artes visuais: obras que usan o corpo e a voz diante do público.
- Artes literarias: obras que se escriben.
- Música: obras feitas con sons e melodías.
- Cine e audiovisuais: obras con imaxes en movemento e sons.


Deberás manexar e coñecer con profundidade ás diferentes disciplinas artísticas. Deberás investigar diferentes obras de arte e descubrir a que disciplina artística pertencen.
Precisas recordar e manexar con soltura o que vimos con anterioridade sobre as disciplinas artísticas.
Precisas recordar o que vimos con anterioridade sobre as disciplinas artísticas.
Deberás investigar e escoller polo menos tres obras artísticas. Pode ser un cadro, unha escena de teatro, un poema, unha música ou un fragmento dunha película.
O teu traballo será:
1. Observar ou escoitar con moita atención cada obra.
2. Descubrir a que tipo de arte pertence:
- Artes visuais
- Artes escénicas
- Artes literarias
- Música
- Cine e audiovisuais
3. Identificar os elementos que a caracterizan:
Que ferramentas se usan? Que técnica emprega? Como se crea?
Por cada obra, responde as seguintes preguntas:
- Cal é o nome da obra?
- A que disciplina artística pertence?
- Que elementos aparecen?
- Por que pertence a esa disciplina?
A que disciplina artística corresponde cada unha destas obras?
Selecciona as respostas correctas e pulsa sobre o botón "responder"
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0