Forma de expresión pola que se crean obras de valor estético para o que se requiren certos coñecementos.
Exemplo:
O seu último cadro é unha obra de arte e está exposto no museo municipal.
Cenital
Definición:
Plano que se enfoca dende arriba.
Exemplo:
A foto sacouse dende un plano cenital que permitiu ver todo con boa perspectiva.
Knolling
Definición:
Colocación de diversos obxectos de xeito ordenado e dende un plano cenital co que se acada una imaxe harmónica.
Exemplo:
O exemplo de knolling era sobre o último libro que lin.
Arte
A arte é, segundo a definición da Real Academia da Lingua Galega, a actividade humana que ten como fin a creación de obras estéticas. A súa transcendencia é fundamental á hora de fomentar a identidade cultural, xa que cada cultura ten a súa arte única que a diferencia das outras e lle da unha personalidade propia. A arte promove tamén a creatividade e o pensamento crítico inspirando ás persoas a imaxinar e crear.
A través da arte se gárdanse e cóntanse historias e costumes que nos permiten entender o noso pasado e a nosa evolución como sociedade, dende as pinturas rupestres ata as máis modernas creacións dixitais.
Estas historias son contadas polas persoas artistas, de aí a importancia de darlle voz a todas elas.
Seremos nós capaces de contar unha historia a través da nosa arte?
Este será o noso reto.
CONTAR UNHA HISTORIA A TRAVÉS DUNHA COMPOSICIÓN VISUAL
Esta composición será un knolling, e a historia que contaremos servirá para dar luz ao invisible.
Colocación de diversos obxectos de xeito ordenado e dende un plano cenital co que se acada una imaxe harmónica.
Colocación de diversos obxectos de xeito ordenado e dende un plano cenital co que se acada una imaxe harmónica.
Lectura facilitada
A arte é unha actividade das persoas.
O obxectivo da arte é crear obras estéticas.
A arte é importante para a identidade cultural.
Cada cultura ten unha arte única.
As diferentes culturas expresan a súa arte de xeitos distintos.
A arte fomenta a creatividade e o pensamento crítico.
Tamén garda e conta historias e costumes.
Estas historias axúdannos a entender o pasado dunha sociedade.
A arte evoluciona co tempo.
Pasou das pinturas rupestres ás creacións dixitais.
As persoas artistas contan historias a través das súas obras.
Seremos capaces de contar unha historia coa nosa propia arte?
O noso reto será contar unha historia cunha composición visual.
Faremos unha composición knolling para dar luz ao invisible.